Panteón de Galegos Ilustres: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
amplío información |
engado información |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Sepulcro_de_Alfredo_Bra%C3%B1as%2C_no_Pante%C3%B3n_de_Galegos_Ilustres_%2811-03-04%29.jpg|right|thumb|350px|Sepulcro de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres]].
O '''Panteón de Galegos Ilustres''' atópase na capela lateral esquerda da igrexa do [[convento de San Domingos de Bonaval]], en [[Santiago de Compostela]]. A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en [[Cuba]].
Neste lugar descansan os restos de varias personaxes galegas da máxima relevancia. A primeira en ser trasladada alí foi [[Rosalía de Castro]],
O seguinte foi [[Alfredo Brañas]], en [[1900]], colocado fronte a Rosalía. En [[1961]] foi enterrado o escultor [[Francisco Asorey]], o chamado ''escultor da raza'', inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de [[1967]], [[Ramón Cabanillas]], que foi trasladado desde o cemiterio de [[Cambados]].
O 28 de xuño de [[1984]] o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]], que fora trasladado desde [[Bos Aires]] onde morreu en [[1950]]. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal.
Finalmente, en [[1988]] foi enterrado o intelectual e cartógrafo [[Domingo Fontán]], trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.
O Panteón está ó coidado do Patronato Rosalía de Castro, fundado en [[1966]].
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* FERNÁNDEZ FERREIRO, Xosé: "O Panteón de Galegos Ilustres", en ''La Voz de Galicia'', 29.06.1984.
* ''Gran Enciclopedia Galega'', tomo 34.
===Ligazóns externas===
|