Comarcas da Comunidade Valenciana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Dende finais do [[século XIX]] o '''[[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|País Valenciano]]''' estruturouse tradicionalmente nunhas demarcacións territoriais denominadas [[comarca|comarcas]]. A pesar disto, non foi até as primeiros dos anos 60 do [[século XX]] cando empezan a proliferar descricións concretas de delimitacións comarcais, das cales destacaron especialmente dúas: a proposta de Vicenç Maria Rosselló, de [[1964]], e a de Joan Soler i Riber, de [[1974]].
 
En [[1987]], a [[Generalitat Valenciana]] publicou unha proposta oficial de '''Demarcacións Territoriais Homologadas''' (''Demarcacions Terriotorials Homologades'' en [[valenciano]]) (DTH) de tres graos, onde o primeiro grao coincide en grande medida co concepto territorial de comarca. A consecuencia práctica desas demarcacións, até agora, limitouse como referencia para a descentralización administrativa dos diferentes servizos ofrecidos pola Generalitat, como o ensino, a sanidade, ou a agricultura. De feito, non hai unha disposición legal necesaria para que estas DTH finalmente teñan a "incidencia territorial" prevista, é dicir, órganos políticos ou administrativos de nivel comarcal. Pola contra, as competencias compartidas entre varios municipios están a articularse mediante a mancomunidade.
 
 
Liña 9:
 
{| align=center border=0
| valign=top | [[Imaxe:Mapa polític del País Valencià.svg|thumb|400px443px|Demarcaciónns territoriais homologadas pola Generalitat Valenciana.]]
| valign=top |
{| border="0" cellpadding="5" cellspacing="0" align="center"
Liña 197:
|-
|}
|}
|}
 
== Historia ==
As primeiras formulacións sobre a estructuración territorial baseada en comarcas xorden nos anos 30 do [[século XX]] dende sectores do [[Nacionalismo valenciano]]. O obxectivo é atopar a maneira de cohesionar os territorios con entidade histórica, de forma que servise de contrapeso ante o centralismo administrativo español. Así mesmo, este debate non tiña lugar unicamente no [[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|País Valenciano]], senón tamén noutros países do Estado onde se reivindican tradicionalmente cotas de autogoberno cada vez máis amplas. De feito, cando xurdiu a primeira proposta en [[1933]] de Felip Mateu i Llopis, poucos meses antes Pau Vila expuxera a súa primeira proposta comarcal para [[Catalunya]]. Un ano despois, en [[1934]], Emili Corderoüt i Belenguer expuxo nunha conferencia outra proposta comarcal, pero a súa difusión resultou ser moi limitada, e non se publicaría até [[1970]] en ''Xeografía elemental do Reino de Valencia''.
 
Por outra banda, os anteproxectos de autonomía valenciana na [[Segunda República Española|II República]], contemplaban xa a estructuración territorial do País Valenciano en comarcas. O estalido da [[Guerra Civil española]] en [[1936]] truncou o proxecto autonomista valenciano e, con isto, o emerxente valencianismo político e o seu debate territorial. Con todo, durante a ditadura de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]] seguiron expóndose propostas comarcais, aínda que só desde unha óptica exclusivamente fisiográfica, histórica, e lingüística. Atendido o cariz político do réxime franquista de entón, non se permitían expor divisións administrativas diferentes á provincial. Así, durante esta época xurdiron as propostas de Querol Rosso en [[1946]], a de Vicenç M. Rosselló en [[1964]], e a de Manuel Sanchis i Guarner en [[1966]].
 
Aínda que todas estas propostas non influíron demasiado no ámbito social e político, si tiveron unha significativa importancia no ámbito xeográfico e toponímico. De feito, foron unha base importante para as propostas posteriores a [[1970]], xa de carácter un pouco máis funcional e tendo en conta tamén o criterio demográfico, comunicativo e, por tanto, administrativo, como a proposta do xeógrafo Antonio López Gómez en [[1970]], a de Joan Soler i Riber, do mesmo ano, ou a de Pérez Puchal en [[1979]]. Finalmente, é a proposta de Joan Soler, que se fixo coa colaboración de Sanchis Guarner e López Gómez, a proposta que logra máis difusión e popularidade durante os anos 70 do [[século XX]], dende os ámbitos políticos, culturais, académicos, educativos, e editoriais do País Valenciano.
 
Con todo, durante a crispada tradición autonómica valenciana, a principios dos anos 80, o [[blaverismo]] tacha de ''[[pancatalanismo|pancatalanista]]'' a proposta co argumento de que superaba os límites provinciais estabelecidos para estabelecer outros no marco dos [[Países Cataláns]]. En consecuencia, o blaverisme utiliza a proposta de Emili Corderoüt, dez anos tras ser publicado polo [[Lo Rat Penat]] (o presidente do cal era o mesmo Corderoüt), en contraposición á proposta de Joan Soler. Paradoxalmente, a proposta orixinal de Corderoüt de 1934 difire lixeiramente da publicada en 1971, de forma que na proposta orixinal as comarcas tamén obvian os límites provinciais coma, por exemplo, a comarca da [[Calderona]], ou a [[Serrania d'Alcoi]].
 
A pesar disto, trala creación do Ente Preautonómico do País Valenciano (''Ens Preautonòmic del País Valencià'') en [[1978]] e a súa [[comunidade autónoma]] en [[1982]], a proposta de Soler úsase coma base para a conformación de partidos xudiciais, publicacións estatísticas oficiais, áreas de saúde, mapa escolar, etc. Coa aplicación práctica desta proposta por parte da [[Generalitat Valenciana]], póñense de relevo defectos estruturais da causa, principalmente, dunha aplicación abusiva do criterio lingüístico e histórico, con menoscabo de criterios urbanísticos e económicos. Co intento de emendalo, xorden as propostas de Maria José Ribeira e Bernardí Cabrer en [[1979]], de PREVASA en [[1981]], ou de José Honrubia en [[1982]].
 
Todas estas últimas propostas non reformulan integralmente o concepto tradicional da "comarca" coma unidade territorial, senón que, coinciden nunha perspectiva marcadamente económica, parten fundamentalmente da proposta de Soler, a cal foi adquirindo un cariz case definitivo. Non pasa así con outra proposta, exposta en [[1987]] por V. M. Rosselló, Josep M. Bernabé e B. Cabrer, en que se define un concepto territorial diferente á comarca tradicional, polo cal, para evitar confusións conceptuais, a unidade denomínase como "governació", evocando unha entidade administrativa que existiu na época foral valenciana. Non contrastando, desgraciadamente, que as delimitacións destas "gobernacións" resultaban ser, a grandes liñas, agrupacións das comarcas propostas por Soler. Aínda que unha división por "gobernacións" teoricamente resultaría ser máis funcional para unha descentralización administrativa, este concepto ten importantes limitacións con respecto a cohesión territorial desde o punto de vista sociopolítico.
=== Comarcalización en época autonómica ===
O Estatuto de Autonomía valenciano contempla a creación dunha Lei de Comarcalización, e por isto a Generalitat, nun principio, encargou un estudo a unha comisión formada por expertos xeógrafos e economistas, dende onde se fixesen varias propostas para unha primeira proposta comarcal oficial. Con todo, con estas propostas non se reciben coa suficiente vontade política de levalo a termo por parte dos gobernos autonómicos que se suceden a partir de [[1987]], con Joan Lerma de President, e a día de hoxe a Lei de Comarcalización segue pendente.
 
Coma proba disto, no decreto núm. 170 de 28 de outubro de [[1985]], a Generalitat pide un informe á Consellería de Administración Pública para unha eventual "creación de demarcacións funcionais con incidencia no territorio da Comunidade Valenciana". Este informe publicaríase dous anos máis tarde, en [[1987]], no que se estabelecían unhas '''Demarcacións Territoriais Homologadas''' (DTH) de tres graos. Esta proposta, que non fai en ningún momento ningunha mención a denominación de "comarca" nin de "governació", estabelecen unhas agrupacións de municipios nas DTH de primeiro grao que coinciden coas delimitacións comarcais de Soler con engadidos da proposta de V. M. Rosselló, sobre todo para a [[provincia de Alacante]]. Mentres tanto, a DTH de segundo grao coincide ao grande medida co concepto de "governació" de Rosselló, resultando ser agrupacións das DTH de primeiro grao; e as DTH de terceiro grao, de máis importancia, coinciden coas delimitacións provinciais.
 
Desgraciadamente, a pesar da publicación desta proposta de demarcacións, dende a Generalitat aínda non se aprobou ningunha Lei de Comarcalización, por tanto, a consecuencia práctica destas demarcacións, polo momento, limitouse como referencia para a descentralización administrativa dos diferentes servizos da Generalitat, como a educación, a sanidade, ou a agricultura. Non existe aínda, por tanto, ningunha "incidencia territorial" prevista, é dicir, o establecemento de órganos políticos ou administrativos de nivel comarcal, como acontece a Catalunya cos Consells Comarcals, senón que as competencias compartidas entre varios municipios articúlanse mediante unha mancomunidade, as delimitacións das cales poden superar a comarca, pero non a provincia.
 
== Outras propostas ==
<gallery>
Imaxe:Divisió territorial del País Valencià segons Felip Mateu i Llopis al 1933.png|Primeira proposta comarcal, de Felip Mateu i Llopis no ano [[1933]].
Imaxe:Divisió territorial del País Valencià segons Emili Beüt al 1934.png|Comarcas xeográficas "naturais", segundo Emili Beüt i Belenguer, proposta no [[1934]].
Imaxe:Subdivisions of the Land of Valencia purposed by Manuel Sanchis-Guarner in 1966.png|Comarcas do País Valenciano segundo Manuel Sanchis i Guarner no ano [[1966]]
Imaxe:Divisió territorial del País Valencià segons Joan Soler al 1970.png|Proposta de Joan Soler i Riber no ano [[1970]].
Imaxe:Subdivisions of the Land of Valencia purposed by Emili Beüt in 1934.png|Comarcas do Reino de Valencia segundo Emili Beüt no ano [[1934]] (versión de [[1971]])
Imaxe:Divisió territorial del País Valencià segons Bernardí Cabrer i Maria José Ribera al 1979.png|Proposta de Bernardí Cabrer i Mª. José Ribera en [[1979]].
Imaxe:Mapa comarcal oficial del País Valencià.png|DTH segundo informe da [[Generalitat Valenciana]] (ano [[1989]]).
</gallery>