Xoana de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Aínda que asegurase que don Pedro non volveu a ver a dona Xoana, non debeu estar tan pouco tempo reunido con ela, xa que o [[Pontífice]] o amoestou seriamente, chegando á excomuñón por non ter obedecido ó seu mandato e se comprende ben que estas dilixencias non se puideron practicar en poucos días. Tamén se di que o rei se separou de dona Xoana a consecuencia da excomuñón do Pontífice, o que, porén, se omite na crónica de López de Ayala, aínda que se asegura nos fragmentos da crónica do bispo de [[Xaén]].
 
Cando o rei [[Pedro I de Castela|don Pedro]] abandonou a dona Xoana fíxolle doazón do señorío de [[Dueñas]], onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raíña de Castela. Adoita cualifícanse de aduladores e débiles ós bispos de Ávila e Salamanca por declarar nulo o matrimonio de don Pedro con [[Branca de Borbón|dona Branca]]; pero non falta quen expón razóns de gran peso para xustificar a nulidade daquel enlace, e por outra parte, é fama que os citados bispos foron varóns piadosos, doctos e cheos de virtude. Consta ademais que non se retractaron, e se ben marcharon a [[Roma]], acudindo ó chamamento do Papa [[Inocencio VI]] para responder da súa conduta, non deberon saír desairados cando nada di do resultado da audiencia o cronista Ayala, decidido partidario de [[Enrique II de Castela|Enrique de Trastamara]].
 
Dese matrimonio naceu don [[Xoán de Castela e Castro]], designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con [[María de Padilla]].