Ramón Cabrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m ligazón interna
Rocastelo (conversa | contribucións)
m Tigre do Maeztrazgo
Liña 1:
{{enuso}}
'''Ramon Cabrera y Griñó''' ([[Tortosa]] [[1806]] - [[Wentworth]] [[1877]]) foi un xeneral carlista [[España|español]].<br>
Fillo de José Cabrera, mariño da mariña que morreu aos poucos anos pero que deixou á familia en boa posición social. A súa nai casou tras a morte do seu home e Ramón pasou a estudar no seminario de Tortosa, onde se amosou como un alumno difícil, sempre envolto en pelexas e con pouco interese no estudo, aínda así tomou as ordes menores en [[1825,]], seguiu estudando pero o bispo de Tortosa, Víctor Sáez, rexeitou ordenalo como sacerdote. Tras a morte de Fernando VII, Cabrera foi un dos [[Voluntarios Realistas]] que se negaron a obedecer a orde de desarmamento e as autoridades de Tortosa decidiron envialo a [[Barcelona]], Cabrera conseguiu fuxir e refuxiouse en Morella, onde se uniu ás forzas do pretendente [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos]].<br>
Baixo as ordes de Manuel Carnicer, Carlos ascendeuno a coronel en 1834 e tras a captura e execución de Carnicer polos liberais, quedou ao mando das tropas carlistas do [[Maeztrazgo]] e o Baixo Aragón, logrando derrotar unha e outra vez aos xenerais isabelinos, pero tamén destacou pola crueldade dos seus métodos e tras o asasinato masivo de prisioneiros logo da toma de Rubielos, o xeneral Nogueras ordenou o fusilamento da súa nai, o que tan só conseguiu que a loita se volvera máis sanguiñenta e comezou a ser coñecido como ''O Tigre do Maeztrazgo''.
 
[[Category:Militares|C]]