Diferenzas entre revisións de «Cleómenes I»

m
sen resumo de edición
m (- --> aC)
m
'''Cleómenes I''', [[Reis de Esparta|rei de Esparta]] de ''circa'' [[520]] aC a ''circa'' [[489]] aC.
 
Da familia dos [[Axíadas]], sucede ao seu pai [[Anaxandridas II]] sobre [[520]] aC no trono de [[Esparta]], e goberna conxuntamente co segundo rei, [[Demarato]], ata [[492]] aC. A asociación dos dous soberanos é problemática pois Demarato frea a miúdo a Cleómenes.
 
Este afirma a primacía de Esparta ao intervir moitas veces nos asuntos internos de [[Atenas]]. En [[510]] aC, axuda aos [[Alcmeónidas]] a derrubar a tiranía de [[Hipias (tirano)|Hipias]] pero tenta logo apoiar o partido aristocrático de [[Iságoras]] contra os demócratas liderados por [[Clístenes (Atenas)|Clístenes]]. En dúas ocasións, en [[-507]] aC e en [[-506]] aC, tenta, en van, poñer fin á experiencia democrática posta en marcha por Clístenes.
 
Logo da revolta dos [[Gregos]] de [[Xonia]], négalle toda axuda de Esparta a [[Aristágoras]], o [[tirano]] de [[Mileto]]. En [[494]] aC, inflixe a [[Argos]] unha derrota en [[Sepeia]], reforzando así o poderío espartiata no [[Peloponeso]]. En [[492]] aC, expulsa a [[Demarato]], quen se refuxia en [[Persia]].
 
Morreu no ano [[489]] aC. Tolo, parece que se [[suicidio|suicidou]].
 
Tivo como filla a [[Gorgo]], unha das mulleres máis célebres da Grecia Antiga.
1.331

edicións