Comités Abertos de Faculdade: Diferenzas entre revisións

organización estudiantil galega
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2006 ás 00:38

Durante a efervescencia das loitas na Universidade de Santiago nos primeiros anos oitenta do século XX, foron surxindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano 86 nos Comités Abertos (embora algunha, como CAMAE, seguira a ser semi-autónoma). Ainda que teoricamente abranxía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros cámpus, e só foi a partir da segregación das universidades de A Coruña e Vigo que comezou a ser unha organización de caráter galego e ter presenza nos sete cámpus. Nas orixes funcionaba a nível de Asemblea de Faculdade e cun órgao de coordenación (Consello de Cámpus) formado por dúas persoas de cada centro. Despois da ampliación comezou a funcionar un Consello Nacional que realmente dirixe unha actividade política, ainda que a dinámica institucional fai que sexan os tres Consellos de Universidade os que realmente dirixan o día a día da organización. Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións de esquerda que operaban na universidade (BNG,PSG-EG,MCG,PCPG..), ainda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada por militantes de Galiza Nova e persoas sen afiliación política.