Rock and roll: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Tamén chamado '''rock'n'roll''', xénero musical orixinado na década de 1950, a partir do chamado [[rhythm and blues]], xénero de música negra estadounidense. O instrumento representativo desta clase de música é sin duda a guitarra, aínda que se poden utilizar case todo tipo de instrumentos. As diferenzas do Rock coa música da que provén son mais de énfase e de actitude que puramente musicais. "Moving all over" ([[Hank Williams]], 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras seminais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os tupés e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbel, non se pode falar de Rock. Por primeira vez os xovens non queriaquerían ser como os seus pais e facianfacían disto unha diferenza cultural, o rock canalizou todo isto, deulle nome, serviu de trilla sonora e moito mais que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo [[John Lennon]], antes de [[Elvis Presley]] non habia nada. A era do rock acabou en 1959, coa morte de [[Buddy Holly]], [[Chuck Berry]] no caldeiro e Elvis facendo a mili en Alemaña, haberia que agardar a que a semente prendese en InglaterrraInglaterra e voltase no 1964 en forma de [[British Invasion]] para que o rock se convertese na plétora de variedades musicais co que o asociamos hoxe. A formación clásica de rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evoluiu principalmente: Voz, duas guitarras, baixo e batería. Ainda que non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos. Ao blues faltáballe o caráter explosivo e as gañas de viver que transmiten desde os primiros discos de [[Rockabilly]] até os [[Sex Pistols]]
 
== Clásicos do rock==