Historia de Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
Láncaster -> Lancaster
Liña 52:
Como consecuencia destes actos, [[Fernando IV]] retiroulle a xurisdición da cidade á igrexa, que máis tarde sería recobrada grazas a [[Afonso XI]].
 
Baixo [[Pedro I]], a cidade viuse envolta en loitas fraticidas co futuro [[Henrique II de Castela|Henrique II]] pola coroa, alentado o primeiro por don Afonso. O Castelo Ramiro é tomado polos homes do concello e do Adiantado de Galicia. Só en [[1382]], [[Xoan I]] devólvelle o castelo ao bispo don Pascual García. En [[1385]] entra en Galicia o [[Duque de LáncasterLancaster]], pretendente da [[Coroa de Castela]] e aliado de [[Xoan I de Portugal]]. Na cidade os seus "secuaces" causan enormes estropicios que poñen en evidencia a vulnerabilidade da cidade. Estes defectos fan que o bispo Pascual levante un muro de protección. Dende a finalización da construción, a cidade queda cercada por un "vergonzante" muro. A muralla estaba formada polas partes traseiras das casas e as partes máis pequenas eran fechadas por tapias. A murala contaba con 13 portas. Esta edificación será un dos elementos de protección da cidade xunto coas fortalezas da catedral e os Pazos do Bispo. Durante o [[século XV]] prolóngase a inestabilidade coas tensións entre concello e bispo e algunhas nobrezas "levantiscas".
 
==O século XVI==
Liña 58:
Tras a forte caída de poboación no [[século XV]] (de 3.000 habitantes ao principio do XV a 1.800 de finais), Ourense experimenta no [[século XVI|XVI]] un importante aumento de poboación e un notable aumento da actividade comercial, especialmente no campo do [[viño]] e do artesanado, como consecuencia da paz imposta polos [[Reis Católicos]].
 
En [[1597]] a cidade acada a cota máis alta de poboación na época do [[Antigo Réxime]], 2.950 veciños. A cidade xa levaba tempo configurada no seu entramado urbano, limitada pola súa muralla e polas súas portas. Dende a invasión da cidade por parte do Duque de LáncasterLancaster e as subseguintes loitas do XV, quedan varias casas en ruinas, pero como dicía [[Ferro Couselo]] <blockquote>"Soplan vientos de prosperidad y se despierta una fuerte fiebre constructiva."</blockquote> A cidade comeza a porse á frote, levántanse casas e edificios relixiosos, e o concello dota a cidade de edificios auxiliares e de servizos. O clero levanta o fermoso ciborio da catedral; a sancristía con bóveda estrelada e as Capelas do Cristo e a das Neves, e por outra banda, as bóvedas e arcos do Pórtico do Paraíso da entrada principal. Desta época son tamén a ermida dos Remedios, situada á beira da ponte romana, a torre do reloxo da Catedral e o Convento de San Francisco. A nobreza edifica o pazo dos Ocas, o que hoxe é coñecido como "O Liceo de Ourense", na rúa Lamas Carvajal. É nesta época cando o Concello dota a cidade da súa primeira casa consistorial na Praza Maior.
 
[[Categoría:Historia das cidades e concellos de Galicia|Ourense]]