Personaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+foto
Liña 3:
Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser fiticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva)
O personaxe é o elemento motor da acción narrativa. Confundido inxenuamente coa persoa, da que é soamente unha representación inventiva, ou reducido a unha serie de caracterizacións psicolóxicas ou de atributos, o personaxe non se pode illar nin do universo que o rodea nin dos outros personaxes cos que entra en relación.
[[Imaxe:Vilanova de Arousa.Galicia.25.jpg|thumb|250px|[[Max Estrella]] e [[Don latino]], personaxes de [[Valle-Inclán]]]]
 
==Caracterización==
A caracterización do personaxe pode ser directa ou indirecta. É directa cando [[narrador]] nos di cales son as calidades do personaxe a través dun [[retrato]]. É indirecta cando o lector é quen debe deduci-lo carácter do personaxe, partindo das acción en que está implicado, do xuízo que dan del outros personaxes, ou do seu modo individual de ve-la vida ou as relacións humanas. Frecuentemente a caracterización se obtén por [[sinécdoque]], é dicir, mediante un detalle que lle concirne. Ese detalle, segundo [[Ducrot]] e [[Todorov]], recibe o nome de '''emblema''' e pode ser unha forma de vestir, de falar, un lugar, ligados ó personaxe tan estreitamente que a súa mera aparición supón a evocación, inda in absentia, do personaxe.