Personaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
completo
engado ligazóns
Liña 1:
Cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película, etc., e que son o motor da [[acción narrativa]].
 
Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticiofiticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva)
 
==O personaxe no [[teatro]]==
Liña 9:
*Pero o personaxe é fundamentalmente a recreación que del fan os espectadores. Non é só o personaxe ideal que autor, director ou actor teñen en mente, é tamén o personaxe virtual que o público compón no momento da representación.
 
O concepto de personaxe na [[Representación teatral|representación dramática]] permite consolidar a idea de que o [[teatro]] é un [[acto comunicativo]] complexo pois no personaxe se produce, no instante concreto da representación, a amálgama da imaxe que del teñen o autor, o director e o espectador.
 
===Personaxe e autor===
Desde o punto de vista da autoría o personaxe é un compoñente estrutural que permite organizar o desenvolvemento [[Argumento|argumental]]. O personaxe desencadea a acción mediatizado ou determinado polo carácter que o autor lle confire, polo seu [[vestiario]], polo decorado, pola súa andadura escénica... Calquera personaxe posúe trazos distintivos que o autor considera e desenvolve no proceso creativo.
 
Se nunha obra o personaxe ve negada a súa posibilidade de ser pola realidade que o rodea, a acción teatral será existencial e subxectiva. Se o conflito se manifesta no interior do personaxe, a acción será caracterolóxica. Cando o personaxe é axente da acción e permítelle o autor evolucionar a mesma, encadear a intriga, a acción será escenicamente obxectiva.