Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
[[Galicia]] ten a súa orixe cultural na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]].
 
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro Reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[musulmán]]s. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre [[árabe]]s, [[sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[Magreb]], así que deciden non asentarse.
15.286

edicións