53.371
edicións
m (rasgo->trazo) |
(arranxos) |
||
A literatura copta desenvolveuse a partir do [[século II]] coa expansión do cristianismo nun [[Exipto]] cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten trazos comúns, polo tanto, coas literaturas [[literatura siríaca|siríaca]], [[literatura etíope|etíope]], [[literatura armenia|armenia]] e [[literatura xeorxiana|xeorxiana]], xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a [[Biblia]] como a [[liturxia cristiá]], que na altura só eran accesíbeis en [[lingua grega|grego]].
O desenvolvemento desta literatura influíu de xeito decisivo na separación da igrexa exipcia ([[monofisismo|monofisita]]) da de [[Bizancio]] ([[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]]),
O primeiro traballo acometido foi a tradución da Biblia, da que non se conservan versións completas, senón só reconstrucións dalgúns libros e un [[Novo Testamento]]. A literatura copta propiamente comeza cos "[[apócrifo]]s", numerosas adaptacións libres do grego ou textos orixinais, escritos en ton lúdico e esaxerado. A maioría son relatos dos [[Feitos dos Apóstolos]] ou [[Evanxeo]]s novos, cheos de milagres e acontecementos prodixiosos. Hai tamén un ''Apocalipse'' imaxinativo (non se pretendía transmitir un dogma exacto), que abunda nas atrocidades infernais e nas delicias paradisíacas. Redactáronse moitas vidas de [[santo]]s e "[[apotegma]]s", episodios moralizantes breves que ilustran unha máxima producida por un santo. Estes textos apócrifos resultan estereotipados e inxenuos.
Descoñécese o nome da maior parte dos escritores
Consérvanse fragmentos de dous textos [[novela|novelescos]] [[laico]]s: unha historia de [[Alexandre Magno]] e outra da conquista de [[Exipto]] por [[Cambises]], o derradeiro testemuño das pegadas do [[Antigo Exipto|Exipto faraónico]].
Unha característica da literatura copta son os tratados populares, presentes en todo tipo de textos, grazas aos que se coñecen obras do [[gnosticismo]] (''Manuscritos de Nag Hammadi'') e do [[
[[Categoría:Literatura]]
|
edicións