Diferenzas entre revisións de «Entroido de Ribadeo»

{{atención|revisar contido}}; retiro texto non enciclopédico ou impropio deste artigo (máis propio do artigo "entroido")
m (Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:')
({{atención|revisar contido}}; retiro texto non enciclopédico ou impropio deste artigo (máis propio do artigo "entroido"))
{{FormatoWiki}}
{{atención|revisar contido}}
{{Sencat}}
[[Ficheiro:Guinness r.JPG|thumb|right|certificado do record conseguido pola queima do maior boneco no antroido ribadense]]
O '''entroido de Ribadeo''' é unha festa popular galega. Este [[entroido]] celebrado na vila de [[Ribadeo]] ten certas peculiaridades.
Recollido (a maior parte) do libro libre "As festas populares no entorno ribadense", feito no marco do [[Programa Sócrates]] acc. 1.1., proxecto "[[Festpop]]", por persoas relacionadas co "[[IES Porta da Auga]] de Ribadeo.
 
É un típico [[entroido]] galego, con certas características especiais.
 
==Datos xerais==
===Nome da [[festa]]===
 
1.1 Orixinal: Entroido 1.2 Traducción: Carnaval (es) Carnival (en, fr) Antroxu (as)
 
[[Ficheiro:FANT0.JPG|400px|thumb|right|Folleto das festas de 1999]]
 
O día de maior celebración é o martes de coresma, día anterior ao mércores de cinza. Se ben se celebran actividades durante todo o día, a maioría delas son de tarde-noite.
===Lugar===
 
2.1 País: [[España]] 2.2 Rexión: [[Galiza]] 2.3 Localidade: [[ferrol]]
 
A ficha fai referencia a este entroido en particular, pero entroidos ou carnavales celébranse en toda a rexión.
 
===Tempos===
 
3.1 Data día/mes / Periodo (é festa móbil): antes de comeza-la [[coresma]]. En Ribadeo, en [[1999]], na segunda semana de febreiro. No [[2004]], entre o 19 e 28 de febreiro
 
3.2 Duración: unha semana de xeito aproximado, se ben o máis soado sitúase no martes da semana, o día antes do [[mércores de cinza]].
 
3.3 Horario: Durante todo o día, se ben as actividades son de tarde ou noite en xeral.
 
===Descrición===
 
4.1 Ocasión/ motivación: aproveitar os derradeiros días antes da coresma. Na actualidade conta tanto a tradición como o ser un momento de divertimento xeral.
 
4.2 Orixe (festa relixiosa / pagana): [[paganismo|pagana]]
 
4.3 [[Ambiente]]: [[disfraz|disfraces]], [[desfile]]s, xolgorio, en xeral, o que se denomina ambiente festivo.
 
4.4 Elementos esenciais (s se son esenciais, n se non o son):
 
ritos relixiosos na eirexa: non direitamente, se ben a imposición da cinza o mércores marca un fin "oficial" para o antroido.
 
procesións: non, pero si desfiles de disfraces.
 
participación directa dos presentes: si. É básica, sendo boa parte da xente actuante e espectadora ó tempo.
 
desfile en traxe típico: si. Non é o típico de gala rexional, pero si require o disfraz, traxe diferente no normal.
 
[[carroza]]s: si. Os disfraces en grupo ou individuais poden ir acompañados ou estar insertos en carrozas.
 
[[fogo]]s artificiais: si. Concéntranse a meirande parte na chamada queima do entroido
 
teatro de rúa: si. Os disfraces conlevan o facer a representación de cada persoaxe. É esencial, aínda que é dun xeito libre, sen guión.
 
[[xogo]]s tradicionais: non
 
¿cales?:
 
[[música]] e [[baile]]:
 
banda: non dun xeito organizado.
 
grupos espontáneos de músicos: si. A medio camiño entre a banda formal e os grupos espontáneos están as comparsas, cada unha cos seu sons.
 
cantos: si. As chirigotas de antroido varían de ano en ano.
 
bailes tradicionais: si. Interpretados de xeito libre polas comparsas, varían de ano en ano, non podéndoselles asingnar á categoría de modernos.
 
bailes modernos: non.
 
participación principal (h, homes; m, mulleres; n, nenos; x, xóvenes): todos. participan ás veces familias enteiras en conxunto. Outras, por separado ou elementos soltos dela.
 
venda de produtos artisáns locais: non.
 
alimentos tradicionais: si. Se ben non existe en xeral venda, si hai alimentos tradionais, como filloas, freixós, orellas ou buñuelos.
 
animais: non.
 
[[feira]] / [[mercado]]: non.
Outro: A confección de máscaras estáse a extender, complementando as actividades de preparación do antroido, como a organización das charangas (cantos, vestidos, baile...), a preparación de disfraces e carrozas, ...
 
==Informacións xerais==
5.1 Para saber máis (Bibliografía, documentos, .....): non existen libros á venda dedicados ó antroido ribadense, pero pódese consultar dun xeito xeral o libro "Guía de Fiestas Populares de Galicia" (González Reboredo, X.M., Ed. Galaxia, Vigo 1997) e en particular, para dar noticia do mesmo, a prensa das datas sinaladas, como o semanario "La Comarca del Eo", onde é publicada toda a programación prevista, así como da noticia do seu desenvolvemento e tamén acostuma publicar o pregón. Nembargantes o anterior, existe un libro esgotado que trata do antroido en Ribadeo antes do ano [[1994]], e outro, "As festas populares no entorno Ribadense" ([[2001]], dedicado ás festas no entorno de Ribadeo, de onde se sacou a base deste artigo.
 
5.2 Como se chega: A festa exténdese por todo o pobo. A Ribadeo chégase pola estrada N634, pola costa, ou dende o interior pola N640. Asemade, por ferrocarril na liña Ferrol-Xixón, e por barco (particular). Ribadeo está situada na costa do [[Mar Cantábrico]], a 43º30'N, 7º5'W.
 
5.3 Pode requirirse información a: no Concello de Ribadeo, Casa do Concello, Pza. España, 27700 Ribadeo (Lugo) - España. Tf. 982 128 650 e 982 128 662. Tamén direitamente á comisión do antroido da edición que corresponda.
 
Datos recollidos por: García Oliveros, Manuel
Gómez Yáñez, Rebeca
López Díaz, Susana
López López, Javier
López Pulpeiro, Ánxela
López Teijeiro, Vanessa
Luna Jartín, Antonio
 
==Opinións==
Fantnenos.- nenos disfrazados no antroido.
 
Para calibrar os premios, hai que ter conta que:
 
1. varían de ano en ano, segundo o orzamento da comisión.
 
2. 166,386 [[Peseta|Ptas]].=1 [[Euro]]
 
3. As [[carroza]]s implican algún tipo de axuda para desprazamento, xeralmente a base de motores. Os grupos e comparsas son asociacións de varias persoas (máis de dúas, que corresponde á parellas). As charangas son organizadas para todo o antroido, non actuando só no desfile. Por último, están os disfraces individuais, que poden ser tamén motorizados.
 
===[http://gl.wikisource.org/wiki/Preg%C3%B3ns_Antroido_Ribadeo Pregóns Antroido Ribadeo]===
 
===Fotos:===
 
Charangas posando diante da casa do Concello
 
Programa 1990 (portada)
 
Programa 1994 (portada)
 
Programa 1995 (portada)
 
Foto de 1998 cos cocos disfrazados
 
Programa 1999 (portada)
 
Programa de 1999
 
Disfraces do antroido
 
Dous membros da comisión co traxe de faena.
 
Fotografías cedidas pola comisión do antroido 1999 e do autor da páxina.
 
Pregóns e outras publicacións cedidas polos autores de cada unha delas.
 
 
[[Categoría:Festas e romarías galegas]][[Categoría:Ribadeo]]