Alongos, Toén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
corrixo
aumentado desde o artigo do concello
Liña 1:
[[Ficheiro:casadosaco2.gif|right|thumb|180px|Casa do Saco]]
'''San Martiño de Alongos''' é unha parroquia do concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Toén]] na [[comarca de Ourense]]. No ano [[2007]] contaba con 319 habitantes (177 homes e 142 mulleres) distribuidos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano [[2000]].
 
A casa de Saco, situada no lugar de [[Outeiro, Alongos, Toén|Outeiro]], é a casa natal de [[Juan Antonio Saco y Arce]]. De gran tamaño, ten a estrutura propia das casas señoriais. Tiña capela propia, portalón blasonado cun escudo partido con cimera volta á destra, coas armas dos Feijoo e dos Martínez. A casa foi construída no século XVIII por Roque Martínez, abade de Santa María de Larouco e a súa anexa Santa María de Sadur. Muros de sillería de peche decorados con almeas.
 
A Casa da Corredoira ten escudos cuartelados con armas dos Enriquez, Puga e Pereira. En 1.701 eran donos desta casa Silvestre Novoa Puga e a súa esposa Isabel de Cárdenas.
 
{{Toén}}