A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 77:
 
A principios do [[século XX]] aumentou notablemente a poboación e tivo 7.992 habitantes en [[1900]], chegando aos 8.116 en [[1950]]. Dende entón a poboación non cesou na súa regresión e agora conta con pouco máis dunha cuarta parte, 2.201 habitantes en [[2007]].
 
Dende as últimas décadas do século ata agora estase a mellorar a calidade de vida nas parroquias rurais do concello e tamén da vila da [[A Pobra do Brollón, A Pobra do Brollón|Pobra]], contando xa con moitos servizos básicos. Espérase que empece a haber nun futuro próximo un aumento da poboación.
 
Actualmente está en proxecto a [[autovía]] [[A-76]], prevista a súa finalización para [[2012]], que unirá [[Ponferrada]] e [[Ourense]] e que, tras moita polémica, pasará polo concello, paralela á [[N-120]], e axudará ó desenvolvemento da zona. Tamén pasará polo concello, nun futuro non tan próximo, a liña de [[Alta Velocidade Española|alta velocidade]] de [[Monforte de Lemos]] a [[Ponferrada]].