Papamoscas paporrubio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 18:

==Distribución==
[[ImaxeFicheiro:ficedula_parva_distr.png|thumb|400px|right|Distribución de ''F. parva'', ''F. albicilla'' ''F. subrubra''
'''laranxa''': zona de cría de ''F. parva''
'''azul escuro''': zona de invernada principal de ''F. parva''
'''laranxa escuro''': área de cría de ''F.albicilla''
'''azul claro''': área principal de invernada de ''F.albicilla''
'''púrpura''': área de cría de ''F. subrubra''
'''amarelo''': rexión principal de invernada de ''F.subrubra''.
'''Liñas vermellas''': zonas de contacto entre ''F.parva'' e ''F.albicilla'']]
''Ficedula parva'' vive nunha faixa de territorio ampla no leste e norte de [[Europa]] que chega polo leste os montes [[Urais]]. Polo norte chegan nalgúns puntos o [[círculo polar ártico]], polo sur ata os [[Balcáns]] e os [[Cárpatos]]. Máis cara ó leste o límite sur da súa área de cría corre polos 50º de latitude norte. Unha área de cría grande está situada nas zonas de bosque do [[Cáucaso]]. Nas montañas exteriores do [[Elbruz]], os [[Montes Zagros|Zagros]] setentrionais e o sudoeste de [[Turkmenistán]]. Na rexión rusa de [[Perm]] e algo o norte e sur dela hai unha área de intergradación ampla coa especie próxima do [[papamoscas da taiga]], o territorio de cría da cal chega ata a costa do Pacífico.
Como reproductores están tamén presentes en rexións parcialmente illadas de [[Austria]], [[Baviera]], e partes do norte e centro de [[Alemaña]], na costa búlgara do [[mar Negro]] e nos [[montes Pónticos]]. En [[Escandinavia]] cría regularmente, agás nalgunhas áreas onde o fai de xeito esporádico. No sur de Alemaña, [[Suíza]] e [[Dinamarca]] crían ocasionalmente.
Liña 39:

===Movementos migratorios===
[[ImaxeFicheiro:Ficedula pava migration.png|thumb|200px|Rutas migratorias de ida e volta dos exemplares do nordeste de Europa]]
O papamoscas paporrubio, coma as dúas especies próximas ''Ficedula albicilla'' e ''Ficedula subrubra'', é unha ave migratoria estricta, obrigada polos invernos fríos dos territorios nos que se reproduce. É unha das poucas aves europeas que emigra cara ó sueste. Fan a viaxe migratoria individualmente ou en pequenos grupos, en xeral pola noite, aproveitando o día para alimentarse. Só cando as placas de descanso diúrno non lle ofrecen posibilidades suficientes de alimentación continúan a viaxe de día. A viaxe cara ós cuarteis de inverno comeza xa en agosto, acadando o seu punto máximo a mediados de setembro. Algúns exemplares permanecen nos territorios de cría ata primeiros de outubro. O regreso ós territorios de cría comeza en marzo e a primeiros de maio tódolos papamoscas comezaron xa a viaxe de volta, Os machos adoitan comezar a viaxe ata dúas semanas antes cás femias En centroeuropa os primeiros viaxeiros chegan na ultima decena de abril.
As principais rexións nas que pasan o inverno están no noroeste do subcontinente Indio, dende [[Paquistán]] é as beiras oeste e sur do [[Himalaia]], ata [[Karnataka]] polo sur e [[Bihar]] e [[Orisa]] polo leste. Uns poucos individuos pasan o inverno no leste de [[Grecia]], algúns máis no leste de [[Iraq]] e oeste de [[Irán]] e leste da península Arábiga. Durante o inverno móvense en xeral en pequenos bandos mesturados a miúdo con outras especies.