Giambattista Basile: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Giambattista Basile
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons vía 'Images for biographies'
Liña 1:
[[Ficheiro:Giambattista Basile.jpg|thumb|right|Giambattista Basile]]
'''Giambattista Basile''' ([[1566]] ou [[1575]] - [[1632]]) foi un escritor [[Nápoles|napolitano]].<br>
Naceu no seo da clase media [[Nápoles|napolitana]], serviu como militar para varios príncipes italianos, entre eles o dogo veneciano, e foi na súa estadía veneciana cando comezou a escribir poesía, de volta a Nápoles estivo baixo a protección de [[Caracciolo d'Avellino]].<br>
Coñecido por escribir unha colección de contos, ''Lo cunto de li cunti overo lo trattenemiento de peccerille'' que publicou postumamente a súa irmá en dous volumes en 1634 e 1636, construído segundo o modelo do ''Decamerón'' de [[Giovanni Boccaccio|Boccaccio]] polo que é coñecido como o ''Pentamerone'' dende 1674. Basile recolleu e adoptou os contos nas súas viaxes entre [[Creta]] e Venecia, moitos deles, posteriormente, foron adaptados por [[Charles Perrault]] e os [[irmáns Grimm]], entre eles ''Cinsenta'', ''Rapunzel'', ''O gato con botas'', ''A bela durminte'' ou ''Hansel e Gretel''.