Transposón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bg:Транспозон
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 32:
* O primeiro transposón foi descuberto no [[millo]] (''Zea mays''), por Barbara McClintock en [[1948]]. A investigadora deuse conta da existencia de [[inserción]]s, [[deleción]]s e [[translocación]]s causadas por estes transposóns. Estes cambios no xenoma podían provocar, por exemplo, cambios na cor dos graos do millo. Sobre un 80% do xenoma total do millo está formado por transposóns. O sistema descuberto por McClintock eran transposóns de Clase II.
* Unha familia de transposóns na mosca da froita ''[[Drosophila melanogaster]]'' son os ''[[elemento P|elementos P]]''. Parece que apareceron na especie a mediados do século vinte. En 50 anos esparrexéronse por tódalas [[poboación]]s da especie e outras especies. Poden utilizarse elementos P artificiais para inserir xens en Drosophila, inxectándollos nos [[embrión]]s. Para máis información do uso de elementos P como ferramenta xenética ver [[transposóns como ferramenta xenética]].
* Os transposóns en [[bacteria]]s normalmente levan xens adicionáis pra outras funcións ademais da transposición —como por exemplo pra [[resistencia a antibióticos]]. Nas bacterias os transposóns poden saltar do DNA [[Cromosoma|cromosómico]] a DNA [[plásmido]] e voltar, permitindo a transferencia e adición permanente de resistencia a antibióticos (poden crearse cadeas bacterianas [[multirresistencia|multirresistentes]] con esta técnica). Os transposóns bacterianos deste tipo pertencen á familia Tn. Cando os elementos que se transpoñen non levan xens adicionáis son [[secuencia de inserción|secuencias de inserción]].
* A forma máis común de transposón en [[humano]]s son as [[secuencia Alu|secuencias Alu]]. Teñen unhas 300 bases de longo e poden atoparse entre 300.000 e un millón de copias no xenoma.
* A transposición do fago Mu é un bó exemplo de [[transposición replicativa]]. O mecamismo de transposición é similar á [[recombinación homóloga]].
Liña 48:
A evolución dos transposóns e os seus efectos na evolución dos xenomas estase a estudiar intensamente hoxe en día.
 
Os transposóns aparecen na maioría das formas de vida. Poden terse orixinado ou non no [[antecesor común]], ou ter aparecido independentemente moitas veces, o quizáis apareceron unha vez e foron esparcíndose polos demáis reinos pola vía da [[transposición horizontal]]. Mentras que os transposóns poden aportarlle certos beneficios ós seus hóspedes, normalmente son considerados [[parásitoparasito]]s de [[DNA egoísta]], que viven no xenoma das células, de forma similar ós [[virus]]. Os virus e os transposóns comparten características nas súas estruturas xenómicas e capacidades bioquímicas, facendo posible a especulación sobre un antecesor común.
 
Xa que a transposición excesiva pode levar á destrucción do xenoma, parece que moitos organismos teñen desenrolado mecanismos de redución da transposición á un niven aceptable. As bacterias poden incrementar a sua tasa de deleción de xens como parte do mecanismo de eliminación de transposóns e virus do seu xenoma, mentras que os organismos eucariotas poden desenvolver mecanismos de [[RNA interferente]] (RNAi) para reducir a actividade dos transposóns. No nematodo ''[[Caenorhabditis elegans]]'', algúns xens dos mecanismo RNAi tamén reducen a actividade dos transposóns.