A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 76:
Durante a Idade Contamporánea o concello comenza a adquirir servizos e a desenvolverse. En [[1850]] construíuse a estrada entre [[Lugo]] e [[Valdeorras]] pasando pola Pobra. No ano [[1883]] o rei [[Afonso XII]] inaugurou a liña de [[ferrocarril]] entre [[Madrid]] e [[A Coruña]], que pasa polo concello da Pobra do Brollón. No lugar da [[A Estación, A Pobra do Brollón|Estación]] construíuse unha [[estación da Pobra do Brollón|estación]] que aínda funciona na actualidade e que dálle nome a este lugar.
 
Actualmente está en proxecto a [[autovía]] [[A-76]], prevista a súa finalización para [[2012]], que unirá [[Ponferrada]] e [[Ourense]] e que, tras moita polémica, pasará polo concello, paralela á [[N-120]], e axudará ó desenvolvemento da zona. Tamén pasará polo concello, nun futuro non tan próximo, a liña de [[Alta Velocidade Española|alta velocidade]] de [[Monforte de Lemos]] a [[Ponferrada]].
 
==Patrimonio artístico==