A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
''Artigo principal: [[Demografía na Pobra do Brollón]]''
 
Cunha poboación de 2.201 habitantes en [[2007]] o concello da Pobra do Brollón cumple coas características da [[Galicia]] rural. A poboación é regresiva, con [[crecemento natural]] negativo e cunha estrutura por idades moi envellecida. A [[poboación]] é dispersa en 22 [[parroquia]]s e 118 entidades. A maior parte dos poboamentos levántanse no sector occidental, mentres que o oriental está practicamente despoboado debido á topografía montañosa, sendo tan só 342 habitantes os que vivían no [[2007]] en lugares de montaña.
 
Dende principios de século, a poboación non cesou na súa regresión (en [[1900]] tiña 7.992 habitantes e en [[2007]], 2.201); unha pérdida achacable, na súa maior parte, ós efectos da [[emigración]], sobre todo na década do [[1950]] ao [[1960]] (en [[1950]] tiña 8.116 habitantes, en [[1960]] tan só 5.444). Nas últimas décadas a regresión tamén é debida á baixa natalidade e a alta mortalidade.