Abrir o menú principal

Cambios

A mediados do [[3000 a.C.|terceiro milenio a.C.]] migracións de pobos continentais chegaron a [[Galicia]] traendo con eles a primeira [[agricultura]] e a primeira [[metalurxia]] do [[cobre]] e do [[ouro]]. Manifestacións destes primeiros asentamentos, no que hoxe é o municipio da Pobra do Brollón, son os [[Mámoa|túmulos megalíticos]], como [[Mámoa|mámoas]] ou [[Mámoa|medorras]], propios da '''[[Castro (poboado)|cultura castrexa]]''', que se encontran repartidas por todo o seu territorio, así pódense ver en: [[Vilachá, A Pobra do Brollón|Vilachá]], [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]], [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]], [[Ferreiros, A Pobra do Brollón|Ferreiros]], [[Castrosante, A Pobra do Brollón|Castrosante]], [[Castroncelos, A Pobra do Brollón|Castroncelos]], [[Abrence, A Pobra do Brollón|Abrence]], [[Canedo, A Pobra do Brollón|Canedo]], [[Óutara, A Pobra do Brollón|Óutara]], [[Piño, A Pobra do Brollón|Piño]]...
 
===[[Idade Media]]===
A Pobra do Brollón tivo séculos máis adiante unha '''[[xurisdición]]''' que comprendía os cotos de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], Froxende, [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] , Pol de Lemos, [[Valverde, Monforte de Lemos|Valverde]], A Raíña, [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]] e [[Vales, A Pobra do Brollón|Vales]], ademais das terras pertencentes ó coto do [[mosteiro de San Vicente do Pino]] en [[Monforte de Lemos]]. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polo rei [[Sancho IV de Castela]] e o seu fillo o rei [[Fernando IV de León e Castela]].
 
No [[século XIV]] naceu en [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], unha das parroquias do concello, a popular '''[[María Castaña]]''', coñecida en toda [[España]] baixo o nome de ''Maricastaña''. [[María Castaña]] foi unha fidalga que viviu na cidade de [[Lugo]], muller de Martin Cego. No ano 1386 dirixiu unha revolta da cidade contra a opresión do [[bispo]] de [[Lugo]], Pedro López de Aguiar, que obrigaba aos lucenses a facer fronte a elevados impostos, e matou cos seus cuñados ó mordomo do bispo Francisco Fernández.
 
===Idade Contamporánea===
Durante a Idade Contamporánea o concello comenza a adquirir servizos e a desenvolverse. En [[1850]] construíuse a estrada entre [[Lugo]] e [[Valdeorras]] pasando pola Pobra. No ano [[1883]] o rei [[Afonso XXII]] inaugurou a liña de [[ferrocarril]] entre [[Madrid]] e [[A Coruña]], que pasa polo concello da Pobra do Brollón. No lugar da [[A Estación, A Pobra do Brollón|Estación]] construíuse unha [[estación da Pobra do Brollón|estación]] que aínda funciona na actualidade e que dálle nome a este lugar.
 
Actualmente está en proxecto a [[autovía]] [[A-76]] que unirá [[Ponferrada]] e [[Ourense]] e que, tras moita polémica, pasará polo concello, paralela á [[N-120]], e axudará ó desenvolvemento da zona.
Usuario anónimo