Abrir o menú principal

Cambios

 
Logo A Pobra do Brollón estivo baixo a [[xurisdición]] da [[Condado de Lemos|casa de Lemos]], fronte á cal os veciños protagonizaron no [[século XV]]: a '''Revolta dos Guímaros''', ó negarse a pagar un [[tributo]]. Conta [[Manuel Amor Meilán]] que, o Conde ó ter coñecemento de tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron en ser sometidos ó xugo económico do [[conde de Lemos]], aínda que novamente volveron reunirse baixo o [[piño]] e acordaron manterse na súa decisión de non satisfacer o [[tributo]], a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da porta. Dende entón ás xentes do [[condado de Lemos]] se lles coñece como ''guímaros'', é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños da Pobra se reunían a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do [[século XIV]] ou principios do [[século XV|XV]], coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio.
 
===Idade Contamporánea===
Durante a Idade Contamporánea o concello comenza a adquirir servizos e a desenvolverse. En [[1850]] construíuse a estrada entre [[Lugo]] e [[Valdeorras]] pasando pola Pobra. No ano [[1883]] o rei [[Afonso X]] inaugurou a liña de [[ferrocarril]] entre [[Madrid]] e [[A Coruña]], que pasa polo concello da Pobra do Brollón. No lugar da [[A Estación, A Pobra do Brollón|Estación]] construíuse unha [[estación da Pobra do Brollón|estación]] que aínda funciona na actualidade e que dálle nome a este lugar.
 
Actualmente está en proxecto a [[autovía]] [[A-76]] que unirá [[Ponferrada]] e [[Ourense]] e que, tras moita polémica, pasará polo concello, paralela á [[N-120]], e axudará ó desenvolvemento da zona.
 
==Patrimonio artístico==
Usuario anónimo