Abrir o menú principal

Cambios

 
==Historia==
A mediados do [[3000 aC|terceiro milenio A.C.aC]] migracións de pobos continentais chegaron a [[Galicia]] traendo con eles a primeira [[agricultura]] e a primeira [[metalurxia]] do [[cobre]] e do [[ouro]]. Manifestacións destes primeiros asentamentos, no que hoxe é o municipio da Pobra do Brollón, son os [[Mámoa|túmulos megalíticos]], como [[Mámoa|mámoas]] ou [[Mámoa|medorras]], que se encontran repartidas por todo o seu territorio, así pódense ver en: Vilachá, Salcedo, Parada de Montes, Ferreiros, Castrosante (desfeita fai uns catorce anos), Castroncelos, Canedo, Óutara, Piño...
 
A Pobra do Brollón tivo séculos máis adiante unha '''xurisdición''' que comprendía os cotos de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], Froxende, [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] , Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]] e [[Vales, A Pobra do Brollón|Vales]], ademáis das terras pertencentes ó coto do [[mosteiro de San Vicente do Pino]] en [[Monforte]]. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polo rei [[Sancho IV de Castela]] e o seu fillo o rei [[Fernando IV de León e Castela]].
Usuario anónimo