A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 63:
A mediados do terceiro milenio A.C. migracións de pobos continentais chegaron a [[Galicia]] traendo con eles a primeira [[agricultura]] e a primeira [[metalurxia]] do [[cobre]] e do [[ouro]]. Manifestacións destes primeiros asentamentos, no que hoxe é o municipio da Pobra do Brollón, son os [[Mámoa|túmulos megalíticos]], como [[Mámoa|mámoas]] ou [[Mámoa|medorras]], que se encontran repartidas por todo o seu territorio, así pódense ver en: Vilachá, Salcedo, Parada de Montes, Ferreiros, Castrosante (desfeita fai uns catorce anos), Castroncelos, Canedo, Óutara, Piño...
A Pobra do Brollón tivo séculos máis adiante unha '''xurisdición''' que comprendía os cotos de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], Froxende, [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] , Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]] e [[Vales, A Pobra do Brollón|Vales]], ademáis das terras pertencentes ó coto do [[mosteiro de San Vicente do Pino]] en [[Monforte]]. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polo rei [[Sancho IV de Castela]] e o seu fillo o rei [[Fernando IV de León e Castela]].
No [[século XIV]] naceu en [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], unha das parroquias do concello, a popular '''[[María Castaña]]''', coñecida en toda [[España]] baixo o nome de ''Maricastaña''. [[María Castaña]] foi unha fidalga que viviu na cidade de [[Lugo]], muller de Martin Cego. No ano 1386 dirixiu unha revolta da cidade contra a opresión do [[bispo]] de [[Lugo]], Pedro López de Aguiar, que obrigaba aos lucenses a facer fronte a elevados impostos, e matou cos seus cuñados ó mordomo do bispo Francisco Fernández.
Logo A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdición da [[Condado de Lemos|casa de Lemos]], fronte á cal os veciños protagonizaron
Na época de [[Francisco Franco]] tivo como nome oficial, o topónimo castelanizado ''Puebla del Brollón'', actualmente non oficial pero aínda usado ás veces en castelán.
|