Blues: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 45:
Nos fins do [[Século XIX]] e principios do [[Século XX]], [[W. C. Handy]] levou os blues para alén da liña, tornándoo respectábel, e mesmo ben recibido. Este músico, compositor e orquestrador foi a chave para a popularidade dos blues, coñecido como “Father of the blues”, (O pai do blues), Handy foi o primeiro a transcribir e a orquestrar o blues case como un sinfonía. Extremadamente profícuo en toda a súa longa vida, o grande marco de Handy foi “St. Louis Blues”.
 
Bandas de [[Jazz]] gravan por veces música de blues. Por volta de 1920 os blues tornaranse nun elemento de destaque da música popular norteamericana. Con o desenvolvemento da industria discográfica, houbo un crecemento da popularidade de cantores e guitarristas de country-blues como [[Blind Lemon Jefferson]], [[Bling Blake]], [[Son House]], [[Robert Johnson]], [[Charley Patton]] e [[Mississippi John Hurt]], son unha chea de músicos que influenciaron o blues, e máis tarde moitos dos músicos [[rock]]. Os discos destes artistas ficaron coñecidos como “race records” (discos raciais), debido a se destinaren case exclusivamente a audiencias afroamericanas. Cantoras de blues habíanhabía tamén na altura, e moi populares, destacándose, [[Mamie Smith]], [[Gertrude Ma Rainey|Gertrude “Ma” Rainey]], [[Besie Smith]] e [[Victoría Spivey]].
 
En [[1940]] e [[1950]], o desenvolvemento da urbanización e o uso de amplificación sonora levaron ao [[blues eléctrico]], moito popular en cidades como [[Chicago]] e [[Detroit]], e os mellores exemplos son artistas como [[Howlin’ Wolf]], [[Muddy Waters]] e [[John Lee Hooker]]. O blues eléctrico terá sido eventualmente o “pai” do [[rock and roll]].