Medicina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chlewbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: lad
Xosel (conversa | contribucións)
amplio (fai falla revisar algo)
Liña 1:
 
'''medicina''' ''s.f.''
 
#[[Ciencia]] que ten por obxecto curar e prever as [[enfermidade]]s. ''Estudiou medicina máis non exerce''. ''Hoxe en día a medicina está moi adiantada''.
#[[Medicamento]], [[menciña]]. ''Entrou na farmacia a comprar unhas medicinas''. '''SIN'''. [[fármaco]].CF. [[remedio]].
[[Image:Pastillas05.jpg|right|.]]
A '''Medicina''' é a área do coñecemento humano ligada á manutención e restauración da [[saúde (medicina)|saúde]]. Ela é, nun sentido amplo, a ciencia e a práctica da prevención e da cura das [[doenza]]s humanas. É a área de actuación do profesional formado nunha faculdade de medicina.
#''fig.'' Aquilo que fai desaparecer algún mal [[espírito|espiritual]]. ''A mellor medicina para os teus problemas é saíres por aí a divertirte''. '''SIN'''. [[menciña]].
 
No entanto, non soamente a medicina contribúe para a cura do doente, senón que existen outra serie de disciplinas relacionadas coa saúde, tales como a [[Farmacia]] e Bioquímica (que produce e estuda os medicamentos e realiza exames de laboratorio), a Nutrición (que estuda a acción dos alimentos ou a falta deles sobre o corpo humano), a Psicoloxía (que estuda as alteracións emocionais e de comportamentos), a Enfermaría (que estuda e axe nos cuidados co enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global) entre outros (vexa [[Ciencias da Saúde]] ).
Segundo a [[Organización Mundial da Saúde]], saúde non é apenas a ausencia de doenza. É moito máis do que iso, é o completo ben estar social e económico do individuo. Ese é un dos motivos da medicina estar tan intrínseca e historicamente ligada á política.
 
==Historia da medicina==
 
[[Hipócrates]] considérase o pai da medicina. Viviu cerca de 300 anos antes de Cristo e deixou un legado ético e moral válido ata hoxe.
Precursor do pensamento científico, procuraba detalles nas doenzas dos seus pacientes para chegar a un diagnóstico, precindindo de explicacións sobrenaturais a pesar da limitación do coñecemento da época. Aínda antes da era cristiá, [[Asclepíades de Bitinia]] tentou conciliar o atomisto de [[Leucipo de Mileto|Leucipo]] e [[Demócrito de Abdera|Demócrito]] coa práctica médica.
 
No primeiro século de era cristiá, [[Claudio Galeno]], outro médico grego, deu contribucións substanciais (baseado en experiencias con animais) para o desenvolvemento da medicina.
 
Na [[Idade Media]] os relixiosos asumiron o control da arte de curar a través de medicamentos e deixaron para os barbeiros, que xa lidaban coa navalla, a arte de drenar abcesos e retirar pequenas imperfeccións da pel. A formación de secrecións [[pus|purulentas]] era considerada normal e saudábel.
 
En [[1865]], [[Louis Pasteur]] teorizou que as infeccións eran causadas por seres vivos. Foi el o inventor do proceso de [[pasteurización]], moi utilizado no leite. Lister, en [[1865]], aplicou pola primeira vez unha solución antiséptica nun paciente con fracturas complexas, con efecto profilático na [[infección]]. Iniciouse unha nova era. En [[1928]] [[Alexander Fleming]] descubriu a penicilina ao observar que as colonias de bacterias non crescían próximo ao mofo dalgunhas placas de cultura. Surxe unha nova era: a dos [[antibiótico]]s, que permitiu aos médicos curaren infeccións antes consideradas mortais. A evolución desde entón non parou. A eterna loita do home contra a morte entrou nunha nova etapa, cada vez máis moderna e, infelizmente, cara.
 
==Ciencias médicas e profesións médicas==
A Medicina ten dous aspectos: é unha área de coñecemento (isto é, unha ciencia) e é unha área de aplicación dese coñecemento (as profesións médicas). Podemos considerar dúas grandes areas na práctica profesional, a medicina (trata da doenzas dos seres humanos) e a veterinaria (que trata das doenzas das outras especies de animais), dentro da medicina humana, podemos destacar a odontoloxía. A [[Medicina baseada en evidencias]] é unha tentativa de ligar eses dous aspectos (ciencia e práctica) a través do uso do [[método científico]], buscando a través de técnicas e investigacións científicas o mellor tratamento para un determinado paciente.
 
Ás veces, pode ser difícil distinguir entre ciencia e profesión en Medicina. Os varios ramos especializados da Medicina estúdanse por ciencias básicas especializadas e por correspondentes profesións médicas, igualmente especializadas, que lidan con órganos, sistemas orgánicos e as súas doenzas. As ciencias básicas da medicina frecuentemente son as mesmas doutras áreas da ciencia como a [[bioloxía]], a [[física]], a [[ciencia veterinaria]] e a [[química]].
 
Existen varias áreas ligadas á saúde : [[odontoloxía]], [[psicoloxía]].[[enfermaría]] (o cuidado co paciente doente), [[farmacoloxía|farmacia]], [[fonoaudioloxía|terapia da fala e da linguaxe]], [[fisioterapia]] , [[terapia ocupacional]], [[nutrición]], [[protética]] e [[bioenxeñaría]].
 
==Ciencias básicas, suplementares e relacionadas==
*[[Anatomía]] é o estudo da estrutura macroscópica física dos [[organismo]]s. Estuda as grandes estruturas, o [[esqueleto]], a [[músculo|musculatura]], os [[vasos sanguíneos]] [[arteria|arteriais]] e [[vea|venosos]].
*[[Anestesioloxía]] estudo da [[dor]] e anestesia.
*[[Anxioloxía]], englobando a [[Anxioloxía|Cirurxía Vascular]] é a área da medicina que estuda o tratamento das doenzas do aparello circulatorio.
*[[Bioestatística]] é a aplicación de [[estatística]] ao campo [[bioloxía|biolóxico]] e médico. Ela é esencial ao planeamento, avaliación e interpretación de todos os dados obtidos en investigación na área biolóxica e médica. É fundamental á [[epidemioloxía]] e á [[Medicina baseada en evidencias]].
*[[Bioética]] é o estudo do relacionamento entre bioloxía, medicina e [[filosofía]], especialmente da disciplina [[ética]] e [[metafísica]].
*[[Bioquímica]] é o estudo das [[Reacción química|reacións químicas]] que acontecen dentro dos organismos vivos e, levando en conta a estrutura e a [[función (bioloxía)|función]] dos compoñentes celulares e da [[célula]] como un todo.
*[[Cardioloxía]] é o estudo das doenzas relacionadas co [[corazón]].
*[[cirurxía|Cirurxía Xeral]] é a área que engloba todas as áreas cirurxicas, sendo tamén subdividida.
*[[Cirurxía do Aparello Dixestivo]] actúa na cirurxía dos órganos do aparello dixestivo, como o [[esofago]], [[estomago]], [[intestino]]s, [[fígado]] e [[fígado|vías biliares]], e [[páncreas]].
*[[Cirurxía torácica|Cirurxía Torácica]] actúa na cirurxía dos pulmóns.
*[[Cirurxía cardíaca|Cirurxía Cardíaca]] actúa na cirurxía do corazón.
*[[Citoloxía]] é estudo das células individuais e das súas estruturas internas.
*[[Clínica médica|Clínica Médica]] é a área que engloba todas as áreas non cirurxicas, sendo subdividida en varias outras especialidades.
*[[Dermatoloxía]] é o estudo da [[pel]] e mais as súas doenzas.
*[[Embrioloxía]] é o estudo do desenvolvemento dos organismos a partir da unión dos [[gameta]]s, as células [[sexo|sexuais]] parentais, que dá orixe ao [[ovo]] ou [[cigoto]] que, pola súa vez, se denvolve no [[embrión]].
*[[Endocrinoloxía]] é o tratamento das glándulas.
*[[Epidemioloxía]] é o estudo cantitativo dos procesos de doenzas nas [[poboación|poboacións]] [[humano|humanas]]. Inclúe o estudo das [[epidemía]]s, das [[endemía]]s, da bioestatística, dos fatores de risco relacionados ás doenzas entre outros temas.
*[[Farmacoloxía]] é o estudo das [[droga]]s, desde a súa obtención ata as súas acións benéficas e prexudiciais aos organismo.
*[[Fisiatría]] é a área da Medicina que estuda e trata das consecuencias das doenzas que xeron a incapacidade física.
*[[Fisioloxía]] é o estudo do funcionamento normal do organismo.
*[[Gastroenteroloxía]] é o tratamento do aparello dixestivo.
*[[Xenética]] é o estudo dos [[xene]]s e do seu papel na heranza das características paternais e maternais pola [[descendente|prole]]. A gran cuestión da xenética nos días de hoxe e da medicina en xeral son as [[células tronco]] e a [[clonaxe humana]].
*[[Xeriatría]] é o estudo das doenzas do idoso.
*[[Xinecoloxía]] é o estudo do [[sistema reprodutor feminino]].
*[[Hematoloxía]] é o estudo dos elementos figurados do [[sangue]] ([[hemacias]], [[leucócitos]], [[plaquetas]]) e da produción deses elementos nos [[órganos hematopoiéticos]] ([[medula ósea]], [[bazo]], [[linfonódo]]s).
*[[Histoloxía]] é estudo de como as células e o material intercelular se unen para formar os [[tecido (histoloxía)|tecidos]], como o [[oso|óseo]], o [[músculo|muscular]], o conxuntivo etc.
*[[Imunoloxía]] é o estudo das células e [[molécula]]s que compoñen o [[sistema imunitario]] e do seu funcionamento na defensa do organismo contra axentes [[infección|infecciosos]] e células [[cancer]]íxenas.
*[[Medicina de familia|Medicina de Familia]] ou [[Medicina comunitaria|Medicina Comunitaria]] ou [[Medicina de familia e comunidade|Medicina de Familia e Comunidade]] é a área da medicina que se propón a estudar o individuo en canto ser inserido nun contexto familiar e comunitario, buscando entender como este individuo se relaciona con estes grupos sociais e estudando as doenzas que o acometen a través deste prisma. Traballa preferencialmente con actividades de prevención.
*[[Medicina nuclear]] é o estudo imaxiolóxico ou terapia polo uso de [[radiofármaco]]s.
*[[Microbioloxía]] é o estudo dos [[microorganismo]]s ([[protozoario]]s, [[bacteria]]s, [[fungos]] e [[vírus]]).
*[[Nefroloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata clinicamente as [[patoloxía]]s do [[rin]], como [[insuficiencia renal]].
*[[Neonatoloxía]] é o ramo da [[Pediatría]] que estuda e cuída dos [[recén-nacido]]s, do [[nacemento]] ata os 28 días de idade.
*[[Neurociencia]] é un termo que reúne as disciplinas biolóxicas que estudan o [[sistema nervoso]], especialmente a [[anatomía]] e a [[fisioloxía]] do [[cerebro]] [[humano]].
*[[Neuroloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata o sistema nervoso.
*[[Obstetricia]] é o ramo da medicina que estuda a reprodución na muller.
*[[Oftalmoloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata os disturbios dos [[ollo]]s e as súas patoloxías.
*[[Oncoloxía]] ou canceroloxía é a especialidade que estuda os [[tumor|tumores malignos]] ou [[cáncer]].
*[[Ortopedía]] e [[Traumatoloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata as doenzas dos ósos e as [[fractura]]s.
*[[Otorrinolaringoloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata as patoloxías da orella, nariz, seos paranasais, farinxe e larinxe.
*[[Pediatría]] é a parte da medicina que estuda e trata o ser en desenvolvemento.
*[[Pneumoloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata o sistema respiratorio.
*[[Proctoloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata os problemas do Intestino Groso ([[cólon]]), [[sigmoide]] e doenzas do [[recto]], [[canal anal]] e [[ánus]].
*[[Psiquiatría]] é a aplicacán da disciplina da [[psicoloxía]] no cuidado médico
*[[Saúde Pública]] é a aplicación dos coñecementos médicos, procesados polos [[Epidemioloxía|epidemiólogos]], co obxectivo de impedir a incidencia de doenza nas [[poboación|poboacións]].
*[[Toxicoloxía]] é o estudo dos efectos das [[toxina]]s e [[veneno]]s [[vexetal|vexetais]], [[animalía|animais]] e [[mineral|minerais]].
*[[Uroloxía]] é a parte da medicina que estuda e trata cirurxica e clinicamente os problemas do sistema urinario.
 
=== Especialidades =diagnósticas e de imaxe==
* Bioquímica Clínica
* Microbioloxía clínica se preocupa cos diagnósticos ''in vitro'' de bacterias, fungos, e protozoarios.
* [[Informática Médica]] é o campo de estudo relacionado á vasta gama de recursos que poden aplicarse no xerenciamento e utilización da información biomédica, incluíndo a computación médica e o propio estudo da natureza da información médica.
* [[Radioloxía]] - a radioloxía comporta desde a visión do corpo humano a través de [[radiografía]]s simples ou contrastadas, como tamén a [[Tomografía axial computorizada| Tomografía Axial Computadorizada]].
*[[Ultra-sonografía]] - estudo do corpo humano a través do [[ultra-son]], que forma sombras e ecos nas estruturas do corpo humano.
 
=== Especialidades ===
[[Oftalmoloxía]]
 
== Médicos ==
Liña 17 ⟶ 91:
==Outros ==
[[A ciencia ten nome de muller]]
 
 
{{Wiktionary1|Medicina}}