Diferenzas entre revisións de «Cometa»

gravidade
m (robot Añadido: is)
(gravidade)
Cando o núcleo está conxelado, pode ser visto soamente debido á luz solar reflexada. Sen embargo, cando se crea a cabeleira, o pó reflexa máis luz solar e o gas da cabeleira absorbe a [[radiación_ultravioleta]] e comeza a [[fluorescencia|fluorescer]]. A unhas 5 UA do sol, a fluorescencia xeralmente faise máis intensa que a luz reflexada.
 
Á medida que o cometa absorbe a luz ultravioleta, os procesos químicos desprenden [[H/elemento|hidróxeno]], que escapa á gravedadegravidade do cometa e forma unha envolta de hidróxeno. Esta envolta non pode ser vista dende a Terra xa que a súa luz é absorbida pola nosa atmósfera, pero foi detectada polas naves espaciais.
 
A [[presión]] da radiación solar e os ventos solares aceleran os materiais alonxándoos da cabeza do cometa a diferentes velocidades de acordo co tamaño e masa dos materiais. Por isto, as colas de pó relativamente masivas son aceleradas máis amodo e acostuman ser combadas. A cola [[ión|iónica]] é moito menos masiva, e é acelerada tanto que aparece como unha liña casi recta que se extende dende o cometa no lado oposto ó sol.
3.966

edicións