Choiva ácida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: el:Όξινη βροχή
RNC (conversa | contribucións)
m A wikipedia non dá solucións, pódense recoller solucións que se aplicaran nalgún sitio ou que propuxera alguén.
Liña 40:
==Historia==
A ocorrencia de choiva ácida foi primeiro relatada en [[Manchester]], na [[Inglaterra]], un importante centro durante a [[Revolución Industrial]]. En [[1852]], [[Robert Angus Smith]] identificou a correlación entre a choiva ácida e a contaminación atmosférica. A expresión ''choiva ácida'' foi por el empregada en [[1872]]. El observou que esa choiva ácida podía levar á destrución da natureza. Aínda que a choiva ácida xa se descubriu no [[1852]], non foi ata a [[década de 1970]] cando os científicos comezaron a observala.
 
==Solucións==
En moitos países, moitas centrais de carbón usan o sistema de desulfurisación de gas de fumeiro (FGD) para retirar os gases contendo xofre das súas chamineas. Un exemplo de FGD é o depurador mollado que normalmente se usa nos EUA e en moitos outros países. Un depurador mollado é basicamente unha torre de reacción equipada cun ventilador que extrai a fumaza de gases quentes da chaminea dunha central. O calcario ou a pedra calcaria en forma de ''slurry'' tamén é inxectada na torre para se misturar cos gases da pilla e combinarse co bióxido de xofre presente. O carbonato de calcio da pedra calcaria produce sulfato de calcio de pH neutro, que é fisicamente retirado do depurador. Ou sexa, o depurador transforma a contaminación de xofre en sulfatos industriais.
 
Nalgunhas áreas os sulfatos son vendidos a compañías químicas como [[xis]] cando a pureza de sulfato de cálcio é alta.
 
Algunhas persoas opóñense á regulación da xeración de enerxía, considerando esa xeración de enerxía e contaminación necesitan ir xuntas. Isto é falso. Un [[reactor nuclear]] xera menos que un milionésimo do lixo tóxico (medido por efeito biolóxico líquido) por [[watio]] xerado, cando os residuos de ambas as instalacións de xeración de enerxía se comparan adecuadamente (os Estados Unidos prohiben a reciclaxe nuclear, de xeito que ese país produce máis ''lixo'' que outros países).
 
Un esquema regulador máis benigno envolve a negociación de emisións. Por este esquema, a cada planta contaminando actual concedeselle unha licenza de emisións que se torna parte do capital da empresa. Os operadores entón poden instalar equipamentos de control da contaminación e vender partes das súas licenzas de emisións. O principal efeito deste procedimento é ofrecer incentivos económicos reais para que os operadores instalen controles de contaminación. Desde que grupos de interese público podan aposentar as licenzas por compra, o resultado líquido é un decréscimo contínuo e un menor conxunto de fontes contaminantes. Ao mesmo tempo, ningún operador particular xamais será forzado a gastar diñeiro sen retorno do valor de venda comercial dos activos.
 
==Véxase tamén==