Lista de emperadores bizantinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
== Advertencias preliminares ==
 
# É difícil determinar cando exactamente termina o [[Imperio Romano]] e comeza o [[Imperio Bizantino]]. En [[284]], [[Diocleciano]] dividiu o Imperio Romano en dúas metades: oriental e occidental, con propósitos administrativos. Algúns historiadores sinalan como primeiro emperador bizantino a [[Constantino I]], o primeiro emperador cristián, que mudou a capital imperial a [[Constantinopla]]. Outros sinalan a [[Valente]], ao consideraren que a [[Batalla de Adrianópolis]] ([[378]]) é un dos puntos históricos distintivos frecuentemente utilizados para sinalar o comezo da [[Idade Media]]. Outros, a [[Arcadio]], tratando a [[Teodosio I]] como último emperador dun Imperio Romano unificado, ou a [[Zenón (emperador)|Zenón]], porque [[Rómulo Augústulo]], último emperador de Occidente, foi deposto durante o seu reinado. Algúns datan o cambio tardiamente, con [[Heraclio]], que substituíu o tradicional título romano de "Augusto" polo de "[[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|Basileus]]" e deixou de usar o [[latín]], impoñendo o [[lingua grega|grego]] como lingua oficial. Os especialistas en [[numismática]] sinalan os cambios producidos por [[AtanasioAnastasio I]] en [[498]], ao impoñer o sistema grego de numeración. Por certo, os bizantinos continuaron chamando "Romano" ao seu imperio por más dun milenio.
 
# Os agrupamentos dinásticos que aparecen neste artigo seguen a opinión máis xeneralizada entre os historiadores, pero outras fontes poden indicar agrupamentos lixeiramente distintos. De feito, algúns dos agrupamentos son convencionais, e non unha "dinastía" no sentido propio do termo.