Alexandre de Hesse-Darmstadt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imagen:AlexandervonHesse.jpg|right|thumb|200px|Alejandro de Hesse-Darmstadt]]'''Alexandre de Hesse-Darmstadt'''. Naceu en [[Darmstadt]] o [[15 de xullo]] de [[1823]] e finou tamén en Darmstadt o [[15 de decembro]] de [[1888]]. Foi o terceiro dos catro fillos de [[Luis II de Hesse-Darmstadt]]e ydo Rin, e de [[Guillermina de Baden]].
 
Aínda que Alexandre é famoso polo seu escandaloso matrimonio, tamén o é polas dúbidas sobre a súa paternidade, pois existen murmuracións posibelmente certeiras que din que tanto el coma a súa irmá María eran fillos do barón Augusto de Senarclens, chambelán da súa nai.
Liña 5:
Como calquera outro príncipe, Alexandre mantivo a tradición marcial da súa familia e serviu no Exército Ruso, onde foi un distinguido soldado cunha brillante carreira por diante. Mandaba un rexemento de lanceiros e foi premiado coa [[Cruz de San Xurxo]]. O feito de que a súa irmá María fose a zarevna (princesa herdeira) de Rusia (esposa do futuro zar [[Alejandro II de Rusia]]) non era unha desvantaxe para os seus propósitos.
 
Esta prometedora carreira foi destruída por un escándalo, pois Alexandre namorouse da condesa [[Xulia de Hauke]], unha camareira da súa irmá María Alexandrovna. A condesa era unha orfa de orixe xermana-polaca, protexida do zar, e filla do antigo ministro de guerra do zar. Co tempo, o zar [[Nicolás I]] considerou a Alexandre coma un posíbel marido para a súa sobriña, mais informado do romance prohibiu a maridaxe; era inconcibíbel que unha persoa próxima á familia imperial casecasara cunha simple condesa. O [[Almanaque de Gotha]], léxico e guía das clases tituladas europeas, era moi claro en asuntos de índole matrimonial.
 
Alexandre marchou a Inglaterra para cavilar no tocante ao seu futuro, pero acabou regresando a Rusia para fuxir xunto con Xulia ata Breslau (hoxe Wroclaw, en Polonia), onde casaron en outubro de 1851.
 
Voltaron a [[Hesse]], onde o irmán maior do noivo, o Gran Duque [[Luís III de Hesse-Darmstadt]] estaba desgustado polo inferior estatus dinástico da muller do seu irmán. Nomeouse a Xulia condesa de [[Battenberg]] (nome dunha pequena cidade no norte de Hesse onde eles viviron apartados nun primeiro momento), pero os seus fillos ficaron definitivamente excluídos da liña de sucesión. Por fin a condesa foi elevada ao rango de princesa, e a parella puido así voltar a Darmstadt.
 
Ao perderen as súas prerrogativas dinásticas, o príncipe Alexandre e o seu morganática esposa viviron unha vida tranquila. A súa familia vivía principalmente no castelo de Heiligenberg, xunto a [[Jugenheim]], no sur de Hesse.