Banco Pastor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pt:Banco Pastor
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 1:
{{referencias}}
[[ImaxeFicheiro:Pastorvigo.jpg|thumb|280px|Principal sucursal do banco en [[Vigo]]]]
O '''Banco Pastor''' é o segundo banco máis antigo de [[España]] despois do [[Banco Etcheverría]]. Empezou a súa actividade financieira en [[1776]] co nome de ''Jaime Dalmau y Cía.''. O seu fundador foi [[Jaime Dalmau Batista]], que ata entón xestionara o tráfico de mercancías e pasaxeiros entre o [[porto da Coruña]] e varios portos americanos a través da súa navieira. Os emigrantes tiñan por costume enviar os seus aforros a través da compañía navieira e así naceu a idea de crear o banco, que empezou a xestionar todo ese capital.
 
Liña 6:
 
En [[1845]] José Pastor Taxonera comprou a compañía, pasando esta a chamarse "José Pastor". Tralo falecemento de José Pastor en [[1853]] a compañía pasou a chamarse "Pastor Hermanos", tras facerse cargo dela o seu fillo, [[Juan Ventura Pastor Galcerán]], e os medio irmáns deste, [[José Pastor y Horta]] e [[Francisco Pastor y Horta]]) en [[1860]].
[[ImaxeFicheiro:Banco Pastor BCN.jpg|thumb|left|280px|Banco Pastor en [[Barcelona]]]]
En [[1868]] a compañía pasou a chamarse "José Pastor y Cía." ó quedar como único socio vivo José Pastor y Horta. Con el traballaba o seu sobriño, [[Pedro Barrié y Pastor]], que se incorporou como socio.
 
En [[1877]] faleceu José Pastor y Horta, quedando a compañía en mans do seu herdeiro universal: Pedro Barrié y Pastor, que mantivo o nome da compañía. En [[1888]] entrou a colaborar na compañía [[Ricardo Rodríguez Pastor]], pasando a chamarse "Sobrinos de José Pastor". En [[1915]] [[Pedro Barrié de la Maza]] incorporouse como socio ó regresar da súa formación financieira en [[Alemaña]], [[Gran Bretaña]] e [[Francia]].
[[ImaxeFicheiro:Cantones_pastor.jpg|thumb|right|280px|Central do banco na Coruña]]
En [[1925]] a compañía transformouse en Sociedade Anónima e o nome cambiouse a '''Banco Pastor'''.