Mancomunitat de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:presidents_diputacions_mancomunitat.jpg|thumb|Presidentes das catro Deputacións catalás.]]
'''A Mancomunidade de Cataluña''' (en [[Lingua catalá|catalán]] ''Mancomunitat de Catalunya'') foi unha institución de ámbito catalán promovida polo dirixente da [[Lliga Regionalista]], [[Enric Prat de la Riba]]. Desde o seu cargo na presidencia da Deputación Provincial de Barcelona, que asumiu en 1907, impulsou un proxecto de integrar por primeira vez as catro deputacións provinciais nun instrumento de autogoberno. As negociacións co goberno central iniciáronse en 1911 e en 1913, o político conservador [[Eduardo Dato]] promulgou o Real Decreto polo cal se autorizaba a unión das deputacións con fins puramente administrativos. O [[18 de decembro]] de [[1913]] o rei asinou o "Decreto de Mancomunidades Provinciais". A pesar de que a lei era aplicable a todas as provincias españolas, finalmente só as catro provincias catalás fixeron uso da lei, formando a Mancomunidade de Cataluña.