Historia de Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Puente romano.jpg|thumb|300px|right|Ponte romana de Ourense]]
'''Ourense''' sitúase no val do [[río Miño]], lugar onde, nos primeiros séculos da nosa era, os [[Imperio romano|romanos]] descubriron grandes cantidades de [[ouro]], o que sería indispensable para fundar a nova ''Auriense''.
 
Liña 9:
 
Bautizada polos romanos como "A ciadade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha das máis importantes cidades da provincia romana de [[Hispania]] ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño.
[[ImaxeFicheiro:Xardíns das Burgas II.JPG|thumb|250px|left|Xardíns das Burgas]]
A cidade naceu arredor do manantial das [[As Burgas|Burgas]] (nome derivado do latín ''Burca'' que significa ''pila''). Dende ese emplazamento foronse construíndo as Termas, das cales quedan restos no actual conxunto da fonte das Burgas.
 
Liña 22:
O [[cristianismo]] chegou a [[Galicia]] no [[século III]], pero a entrada dos bárbaros ([[século V]]) non favoreceu o seu desenvolvemento. Pero a predicación de [[Martiño de Dumio|Martiño Dumiense]] ([[século VI]]) na zona de [[Ourense]] e na Corte sueva, fixo que estes se converteran ao [[catolicismo]], deixando o [[arrianismo]].
[[ImaxeFicheiro:Estanque coa Inscripción Latina Calpurnia.JPG|thumb|right|250px|Estanque das burgas coa inscripción de Calpurnia ás Musas]]
 
Esa conversión ao catolicismo, pode estar relacionada cun milagre que San [[Martiño de Tours]] lle fixo ao fillo do rei suevo [[Carriarco]]. Despois de curalo, o rei, agradecido con San Martín, edificou unha igrexa que se identifica cunha primitiva que se levantaba nun solar da actual Santa María Nai.
Liña 40:
Aínda que o bispo Ederonio tivo un papel moi importante dentro da reconstrucción, será o bispo [[Diego de Velasco]] ([[1100]] - [[1132]]), o verdadeiro artífice da recuperación. Velasco, aproveitando as "tiranteces" entre as fillas do rei [[Afonso VI]], obtén, en [[1122]], a xurisdicción da cidade, grazas a [[Tareixa de Portugal]].
 
[[ImaxeFicheiro:Catedral Ourense.jpg|thumb|300px|left|A Catedral de Ourense]]
 
Coa propiedade da cidade nas súas mans, comezou a implantar a poboación e a restauración do Pazo Episcopal, que nestes momentos constitue un dos poucos edificios civis de [[Galicia]]. Ao paso que se van facendo estas actuacións, o rei [[Afonso VII]], confirmalle a xurisdicción sobre a cidade, concedéndolle ampliacións de terreo que multiplicaron por cinco a súa extensión. Despois de Afonso VII, os reis continuaron a dar todo tipo de privilexios á cidade. Esta época de esplendor que vive a cidade, vai quedar reflectida na construcción da [[Catedral de Ourense|Catedral]]. Esta edificación, de esquema [[románico]], comeza a construirse baixo o mandato do bispo Pedro Seguín ([[1157]] - [[1169]]). Á morte deste, continúa a obra D. Adán. O bispo D. Afonso ([[1174]] - [[1213]]), consagraa traendo reliquias de [[Tours]] ([[1188]]). O bispo D. Lorenzo, bo amigo de [[Fernando III]], conclue a nave principal, o Pórtico do Paraíso e a torre das campás.