Diferenzas entre revisións de «Peto de ánimas»

m
Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
m (bot Engadido: es:Peto de ánimas)
m (Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:')
[[ImaxeFicheiro:Peto de animas de Cenlle.JPG|thumb|right|200px|Peto de ánimas. Na parroquia de [[Cenlle, Cenlle|Santa María de Cenlle]], no concello de [[Cenlle]]]]
[[ImaxeFicheiro:Petoaguasantas.jpg|right|thumb|200px|Peto de ánimas en [[Aguasantas]]]]
Os '''petos de ánimas''' atópanse en camiños e encrucilladas de toda [[Galiza]], e son unha das manifestacións materiais do culto aos [[morto]]s, da devoción polas ánimas. Galiza é un [[pobo]] profundamente relixioso, sentimento herdado dos seus antepasados e afincado en tradicións de santos repartidos por toda a nosa [[terra]]. É xeral a crenza en milagres, pequenos e grandes, e para todo se pide o favor do Ceo.
==Significado==
[[ImaxeFicheiro:Peto Bora.jpg|thumb|left|200px|Peto de ánimas en [[Bora]]]]
O seu significado ven da crenza da continuidade da [[alma]] despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o [[purgatorio]]), está moi arraigado na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer [[esmola]]s para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.
44.135

edicións