Diferenzas entre revisións de «Sincronía e diacronía»

Category:lingüística
 
(Category:lingüística)
 
* o enfoque chamado '''sincrónico''' interésase nunha lingua ''nun momento preciso da súa historia''; a palabra fabricouse tamén a partir de dous termos gregos: συν-, «con», χρόνος, «temps». A [[gramática]] escolar é esencialmente sincrónica: indica cales son as [[norma]]s consideradas como regras dunha lingua, que poden ter mudado desde estados anteriores.
 
Sincrónico é equivalente a estático, diacrónico éo a evolutivo ou histórico. Son dúas perspectivas diferentes á hora de observar unha mesma realidade: o sistema nun momento dado e o sistema en desenvolvemento, inda que, se se ten en conta o carácter parcialmente innovador de todo acto lingüístico, só existe o aspecto diacrónico, mentres que o aspecto sincrónico é unha abstracción científica necesaria para estudar como funciona a lingua. Ó aspecto sincrónico correspóndelle a disciplina denominada [[gramática]] e que, en sentido amplo do termo, é a descrición do [[sistema]] da [[lingua]]; ó aspecto diacrónico correspóndenlle a [[gramática histórica]] e a [[historia da lingua]].
 
A oposición entre ''sincronía'' e ''diacronía'' así como estes dous termos nesta acepción debémosllos a [[Ferdinand de Saussure]], primeiro [[lingüista]] que separou claramente os dous puntos de vista.
 
Esta oposición é frutífera tamén en [[filosofía]], onde foi explotada entre outros por [[Roland Barthes|Barthes]] e [[Jean-Paul Sartre|Sartre]].
 
[[Category:lingüística]]
40.222

edicións