Historia de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Porto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 5:
 
==Britania romana==
[[ImaxeFicheiro:Hadrian's wall.jpg|thumb|230px|A [[Muralla de Hadriano]], no norte da Inglaterra.]]
Roma invadiu a illa no ano 43 d.C., e só tardou sete anos en vencer a resistencia dos indíxenas e controlar a maior parte do territorio. As tribos escocesas e galesas foron os pobos máis resistentes á conquista, e para os conter construiuse a [[Muralla de Hadriano]] no norte de Inglaterra (123 d. C.). Os romanos levaron estabilidade, calzadas pavimentadas, e o cristianismo. Aínda así, a romanización só se manifestou nalgunhas cidades, o resto do campo mantivo a cultura celta.
Contra o 409, Roma abandonou Britania, no ocaso do seu imperio. Os anglosaxóns, que ocuparon o país tras a retirada romana, ignoraron as cidades, illaron o cristianismo en Gales e deron os seus propios nomes ás vías romanas.
Liña 16:
 
==Invasión normanda==
[[ImaxeFicheiro:Bayeux Tapestry WillelmDux.jpg|thumb|220px|Escena da [[batalla de Hastings]] (1066), na [[tapizaría de Bayeux]].]]
Guillermo de Normandía chegou ás costas do sur de Inglaterra en [[1066]] cun exército de 12.000 homes. Na [[batalla de Hastings]] derrotou o seu rival polo trono e proclamouse rei, fundando a dinastía normanda. O feudalismo normando converteuse na base da redistribución da terra entre os conquistadores e na Inglaterra xurdiu unha nova aristocracia e unha renovada estrutura social e política. Con [[Esteban de Blois]] (1135-1154) finalizou a dinastía normanda. Este período caracterizouse polas loitas con Francia e pola alianza de poder coa Igrexa.