Lingua arbëreshë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Toliño (conversa | contribucións)
m o modelo {{Fusión}} soporta o parámetro {{{1}}}
Liña 1:
{{Fusión|Arvanitika}} [[Arvanitika]]
O '''arbëreshë''' é unha variedade lingüística da lingua albanesa, que pertence ao dialecto tosco e que fala o pobo arbëreshë no sur de [[Italia]], que emigrou dende [[Albania]]. Tamén se pode clasificar como unha lingua independente por razóns sociolingüísticas.<br>
 
==Falantes e distribución xeográfica==
 
O arberëshë está presente en 55 concellos do sur de Italia, deles 33 en [[Cosenza]] ([[Calabria]]), habitados por 122.000 persoas, delas arredor do 70% teñen como lingua materna o arberëshë, aproximadamente uns 100.000 falantes, contando aos que viven fóra dos concellos albanofalantes.<br>
*Calabria: 60.000
Liña 23 ⟶ 22:
As emisoras locais privadas Radio Libera Skanderbeg e Radio Shpresa Europa 1 emiten algúns programas con apoio esporádico de autoridades locais.<br>
Hai grupos de música tradicional como Moti i Parë de Lungro, grupos de rock como Spasulati Band de Santa Sofia d'Epiro, cantantes pop como Pino Cacozza, e existe un un festival anual da canción arbëreshe (Festivali i Këngës Arbëreshe).
 
==Ensino==
Hai ensino voluntario de arbereshe en 17 centros de primaria, no Instituto de San Demetrio Corone (CS) e nas Universidades de Calabria, Nápoles, Bari, Palermo e La Sapienza de Roma.
 
==Literatura==
A literatura albanesa en Italia comeza con [[Luca di Matranga]] (1567-1619), autor das primeiras poesías relixiosas en albanés (1592). A obra literaria máis antiga é á súa obra ''Gjella e Shën Merise'' (A vida da Virxe María, 1762) de [[Jul Variboba]], que é a obra máis orixinal da literatura albanesa antiga. A literatura arbëreshë forma parte da literatura albanesa, boa parte dos autores anteriores ao século XX procedían da diáspora, en especial de Italia e polo tanto a fala arbëreshë tivo un papel sobranceiro como fonte de arrequecimento lexical da lingua literaria albanesa. No Colexio Grego de Roma e nos dous colexios destinados á formación dos cregos albaneses, un en Calabria e outro en Sicilia, formáronse todos os intelectuais albaneses do século XVIII, e durante todo o período os escritores e poetas mantiveron como fonte de inspiración o motivo relixioso popular.<br>
 
[[Girolamo De Rada]] (1814-1903), considérase o iniciador da literatura albanesa moderna, coa súa obra ''Os cantos de Milosao'', publicado no 1836, que é o gran poema do romantismo en albanés. ''Skanderbeku i pafan'' é a súa outra grande obra, os motivos presentes no seu traballo son o renacemento do pobo albanés e a independencia da Patria Nai, Albania, arriquecidos polo interese polo estudo da lingua albanesa e pola conservación da tradición popular. Baixo a guía de De Rada constitúese un grupo de intelectuais italo-albaneses que buscan reforzar a identidade arbëreshë e súa relación con Albania, Vincenzo Dorsa, Giuseppe Serembe, Angelo Basile e Gabriele Dara son os principais autores. O siciliano [[Giuseppe Schirò]] (1865-1927), participa tamén activamente no rexurdimento albanés. Na primeira metade do [[século XX]] prodúcese a decadencia da literatura en albanés, tan só coa fin da [[Segunda Guerra Mundial]] actívase, sobre todo dende os anos 60, con autores como Giuseppe Shirò di Maggio, Giuseppe Schirò di Modica, Giuseppe Del Gaudio, Enza Scutari, Luis De Rosa, Angelo Matrangolo, Pasquale Renda ou Dushko Vetmo.
 
==Historia==
Aínda que xa algúns grupos de albaneses chegaran ao sur de Italia entre os séculos XIII e XV vai ser tras a invasión otomana de Albania e durante tres séculos entre [[1468]] ata [[1744]] cando a migración albanesa funda comunidades propias en [[Apulia]], [[Calabria]], [[Sicilia]] e [[Campania]] sobre todo.
 
[[Categoría:Lingua albanesa]]