Sistema renina-anxiotensina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: O sistema '''renina-anxiotensina''' é un sistema de control da presión arterial. O sistema componse de: * Renina * Anxiotensina I, II e III * Anxiotensinóxeno * Enzima conversora da...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2008 ás 23:29

O sistema renina-anxiotensina é un sistema de control da presión arterial. O sistema componse de:

  • Renina
  • Anxiotensina I, II e III
  • Anxiotensinóxeno
  • Enzima conversora da anxiotensina (ECA)

O seu obxectivo é o de aumentar a presión arterial en caso de que esta estea baixa. A presión baixa é detectada pola mácula densa (unha estrutura do ril). A activación da mácula densa provoca que as células iustaglomerulares secreten renina. Esta enzima só ten un substrato, o anxiotensinóxeno. A renina rompe parcialmente ao anxiotensinóxeno producindo anxiotensina I. A anxiotensina I é un péptido pouco activo. É fragmentado pola enzima conversora da anxiotensina en varios tecidos, sobre todo pulmóns, pero tamén en neurohipófise, glándulas suprarrenais, bazo e endotelio entre outros. O produto será a anxiotensina II. A anxiotensina II pode ser convertida en anxiotensina III por acción dunha aminopeptidasa.

Funcións

Tanto a anxiotensina I como a II son péptidos activos. Únense ao seu receptor específico e activan o ciclo do fasfatidil-inositol, producindo inositoltrifosfato e diacilglicérido. O inositoltrifosfato permite a saída de calcio do retículo endoplásmico. A mobilización do calcio favorece a liberación de aldosterona dende o hipotálamo. A aldosterona activa unha serie de proteínas renais, IAPs, proteínas inducidas por aldosterona. Estas favorecen a reabsorción de sodio nos tubos proximais do ril. A reentrada de Na arrastra a agua, incrementando o volume circulante e a presión arterial. A propia anxioensina ten efecto vasocontritor a nivel sistémico.

Regulación

Dous grupos de sinais regulan este complexo sistema:

  • Activan o sistema:
    • Hiponatremia (baixo nivel de sodio en sangue)
    • Volume circulante baixo
    • Prostaglandinas e outras substancias vasodilatadoras
    • GTP, que estimula a renina
  • Inhiben o sistema:
    • AMP cíclico
    • Péptido natdiurético atrial, asi como outros péptidos diuréticos
    • Descarga β-adrenérxica, que inhibe a liberación de renina
    • NO
    • A propia anxiotensina II inhibe a renina por retroalimentación negativa

Textos de consulta

  • Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición