Diferenzas entre revisións de «Río Landro»

engado ligazón
Sem resumo de edição
(engado ligazón)
O río '''Landro''' ou '''Landrove''' pertence á vertente cantábrica, e segue unha dirección S-N desembocando na [[ría de Viveiro]]. Nace na parroquia do [[O Viveiró, Muras|Viveiró]] ([[Muras]]), nas vertentes oeste e suloeste da serra do [[Xistral]], a 800 m. de altitude. Baixa por un val aberto até [[Escoiras]], que logo se estreita, ao paso que recebe as augas dos regatos de A Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarito e, outra vez encaixado, recolle os aportes do [[río Besteburiz|Besteburiz]], [[río Balsadas|Balsadas]] e [[río Grandal|Grandal]]. Desde A [[Santa Mariña, Miñotos, Ourol|Santa Mariña]] contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro, o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de [[Viveiro]] para desembocar entre a [[praia da Area]], en [[Covas, Viveiro|Covas]], e o porto de [[Celeiro, Viveiro|Celeiro]]. Na desembocadura, o Landro forma un pequeno [[humidal]]. Constitúe os límites entre os concellos de [[Muras]] e [[Ourol]]. En total percorre 42 km e a súa bacía exténdese por 268 km<sup>2</sup>.
 
==Galería de imaxes==
:''Véxase o artigo principal en [[Galería de imaxes do río Landro]]''
<gallery>
Image:Landro2.jpg | Entre [[Miñotos, Ourol|Miñotos]] e [[Xerdiz, Miñotos|Xerdiz]]
6.181

edicións