Marcial del Adalid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
m engado unha ligazón
estrutura
Liña 1:
'''Marcial del Adalid''', (nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[24 de agosto]] de [[1826]] e falecido en [[Lóngora, Liáns, Oleiros|Lóngora]], [[Oleiros]], o [[16 de outubro]] de [[1881]]), foi un compositor musical.
 
==Traxectoria==
 
Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a [[París]] coa intención de estudar con [[Frédéric Chopin]], pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a [[Londres]], onde entre 1844 e 1849 estudou con [[Ignaz Moscheles]]. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de [[Franz Liszt|Liszt]]. De volta a España viviu algúns anos en [[Madrid]] e logo dunha viaxe a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera ''Inese e Bianca'', con libreto italiano de [[Achille de Lauzières]], retirouse ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical.