Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{persoa}} >>> {{Biografía}}
Vanicorps (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 3:
'''Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa''', nada na [[A Coruña|Coruña]] o [[16 de setembro]] de [[1851]] e finada en [[Madrid]] o [[12 de maio]] de [[1921]], foi unha escritora en [[lingua castelá]], intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e [[Rexionalismo galego|rexionalista galega]] que triunfou na [[literatura española]] como escritora e como figura pública.<ref>{{Cita novas |ligazónautor=Suso de Toro |apelidos=Toro |nome=Suso de |url=https://elpais.com/diario/2010/03/05/galicia/1267787905_850215.html |título=Dona Emilia, 'a Pardo Bazán' |xornal=[[El País]] |data=5/3/2010 }}</ref> Influída polo [[naturalismo]], movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos.<ref>Wilson, Michelle [https://web.archive.org/web/20110607205337/https://www.msu.edu/~wilso122/bazan/ "Emilia Pardo Bazán (1851-1921)"] Michigan State University {{Es}}.</ref> En recoñecemento polos seus méritos [[Arte|artísticos]], concederíalle o rei [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]] en [[1908]] o título de [[condado|condesa]] de Pardo Bazán.<ref>González-Doria. ''Diccionario heráldico y nobiliario de los reinos de España''. Bitácora. San Fernando de Henares, 1987. ISBN 84-86832-00-4.</ref>
 
O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles. Escribiu centos de contos que publicou en escolmas, como ''Cuentos de Marineda''. Destacou sobre todo na súa produción literaria salientando novelas como ''Un viaje de novios'' ou ''[[A Tribuna]]'',<ref group="lower-alpha" name="TRIBUNABITRAGA">Orixinalmente ''La Tribuna'', traducida ao galego en 2011 por David González Couso ([https://aluna.webs.uvigo.es/publicacions_ver.php?id=5190 véxase a ficha] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20211115183327/https://aluna.webs.uvigo.es/publicacions_ver.php?id=5190 |date=15 de novembro de 2021 }} na [[Biblioteca da Tradución Galega]]) e [https://academia.gal/-/a-presentaci-c3-b3n-da-traduci-c3-b3n-ao-galego-de-la-tribuna-pecha-o-ano-pardo-baz-c3-a1n de novo en 2021] por Valeria Pereiras.</ref> a máis [[naturalismo|naturalista]] das súas [[novela]]s, onde describe a dura vida proletaria nunha fábrica de [[tabaco]]. Tamén son de suma importancia ''[[Os pazos de Ulloa]]'' e ''[[La madre Naturalezanaturaleza]]'', onde retratou a vida nas vilas e [[aldea]]s [[Galicia|galegas]], o [[folclore|folclore popular]] e tamén a decadencia da nobreza palaciana do rural cun argumento apaixonado e, en ocasións, violento.
 
Destaca tamén o seu labor na creación da [[Real Academia Galega]], creando xunto a [[Ramón Pérez Costales]] unha Comisión Xestora sobre a base da [[Sociedad del Folklore Gallego]] para a creación da academia. Posteriormente a súa filla doou a residencia familiar da Coruña, a [[Casa Museo de Emilia Pardo Bazán]], para establecer alí a sede da institución.<ref>[http://academia.gal/historia Historia da Real Academia Galega] realacademiagalega.org.</ref>
Liña 175:
A súa primeira [[novela]] foi ''Pascual López'' ([[1879]]), autobiografía dun estudante de [[medicina]]. Nela aprécianse as influencias de [[Pedro Antonio de Alarcón]] e mais de [[Juan Valera]] na escrita da autora coruñesa. Máis adiante, con ''Un viaje de novios'' ([[1881]]), ano no que naceu a súa derradeira filla, Carmen, e ''A Tribuna'' ([[1883]]),<ref group="lower-alpha" name="TRIBUNABITRAGA"/> comezou unha evolución cara ao [[Naturalismo|movemento naturalista]]. En [[1882]] iniciou, na revista ''La Época'', a publicación dunha serie de artigos sobre [[Émile Zola]] e maila [[novela experimental]], que serían posteriormente escolmados en ''La cuestión palpitante'' ([[1883]]), obra que a consagrou coma a principal impulsora do naturalismo en [[España]]. En [[1884]], dous anos despois do seu divorcio, publicou ''La ama joven'', que trata o tema das crises matrimoniais. No tocante ao Naturalismo practicado por Pardo Bazán, coma o de [[Benito Pérez Galdós|Galdós]], fronte aos principios ideolóxicos e literarios de Zola, acentuaba a conexión da escola [[Francia|francesa]] coa tradición realista española e europea, o que lle permitía achegarse a un ideario máis conservador, católico e bempensante no que atinxe á súa propia forma de vida, manténdose fiel ao [[Catolicismo]], por máis que admitise os alicerces ideolóxicos do [[determinismo|determinismo social]] e [[darwinismo|darwinista]].
 
Por outra banda, ''Insolación'' (1889) e ''[[Morriña (historia amorosa)]]'' (1889) seguen insertos na ideoloxía e na estética naturalista. Con posterioridade, coincidindo coa morte do pai (1890), evolucionou cara a un maior [[simbolismo]] e [[espiritualismo]], patente en ''Una cristiana'' (1890), ''La prueba'' (1890), ''A pedra angular'' (1891),<ref group="lower-alpha" name="PEDRABITRAGA">Traducida ao galego en 2003 por [[Mónica Bar Cendón]], véxase a ficha na Biblioteca da Tradución Galega: [https://aluna.webs.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3648] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20211203235212/https://aluna.webs.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3648 |date=03 de decembro de 2021 }}</ref> ''[[La Quimera]]'' (1905) e ''Dulce sueño'' (1911). Esta mesma evolución observouse tamén nos seus contos e relatos, recollidos en ''Cuentos de la tierra'' (1888), ''Cuentos escogidos'' (1891), ''Cuentos de Marineda'' (1892), ''Cuentos sacroprofanos'' (1899), entre outros. Pardo Bazán aproveitou a súa herdanza paterna para crear unha revista escrita por ela soa, ''[[Nuevo Teatro Crítico]]'', nome que lembra a obra do galego Benito Xerónimo Feijoo.
 
En ''Una Cristiana'' e ''La Prueba'', de 1890, semella trabar polémica a través da ficción con algúns dos seus detractores morais, como o [[Luis Coloma Roldán|Pai Coloma]], [[Marcelino Menéndez Pelayo]] e [[José María de Pereda]]. A diferenza de idade entre namorados, o cruzamento de afectos ou deberes familiares e o remorso relixioso proban en ámbalas dúas novelas como a escritora tiña máis en conta a opinión do que semellaba.
Liña 188:
* ''El Cisne de Vilamorta'' (1885)
* ''Bucólica'' (1885)
* ''[[Os pazos de Ulloa]]'' (''Los pazos de Ulloa'', 1886-87).<ref group="lower-alpha" name="PAZOSBITRAGA">Traducida ao galego en 2001, véxase a ficha na Biblioteca da Tradución Galega: [https://aluna.webs.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=958] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20211204113915/https://aluna.webs.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=958 |date=04 de decembro de 2021 }}</ref>
* ''[[La madre naturaleza]]'' (1887)
* ''[[Insolación (historia amorosa)]]'' (1889)