Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
Segundo a ''Arte de Trobar'', as cantigas de amor caracterizábanse por seren movidas a razón del (é dicir, desde unha perspectiva masculina), en contraposición ás [[cantigas de amigo]] que eran movidas a razón dela. Dito doutro xeito, as '''cantigas de amor''' son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama, a ''senhor''/''sennor'', tamén a [[Deus]] ou ao mesmo [[amor]]; ou reflexiona sobre el ou sobre a amada. O tema é, igual que nas cantigas de amigo, o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home.
 
== Orixes da cantiga de amor (moi bn resumido ok) ==
[[Ficheiro:William IX of Aquitaine - BN MS fr 12473.jpg|135px|miniatura|[[Guillermo de Poitiers|Guillerme de Poitiers]], o primeiro [[trobador]] provenzal.]]
Segundo unha parte da crítica, as cantigas de amor [[Galego-portugués|galego-portuguesas]] xorden por imitación da poesía [[trobadorismo|trobadoresca]] provenzal dos séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIV|XIV]], mais contan con adaptacións ao contexto galego-portugués e maila a época en que foron escritas (xa que a «''cançó''» provenzal é máis antiga que cantiga de amor galego-portuguesa), polo que non se trata dunha «mala copia» da lírica occitana (como se tendeu a afirmar durante anos).