Luis Suárez Miramontes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Etiquetas: Revertida edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 66:
| managerclubs10 = [[Football Club Internazionale Milano|Inter de Milán]]
}}
'''Luis Suárez Miramontes''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[2 de maio]] de [[1935]] e falecido en [[Milán]] o [[9 de xullo]] de [[2023]], foi un [[futbolista]] e [[adestrador]] de fútbol [[Pobo galego|galego]]. Alcumado "o arquitecto", xogaba de [[Posicións no fútbol#Centrocampistas|centrocampista]] e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do [[século XX]].<ref>{{Cita novas|data=21 de decembro de 2020|título=Luis Suárez, el ninguneado|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2020/12/21/luis-suarez-ninguneado/0003_202012G21D12993.htm|data-acceso=1 de xullo de 2021|apelidos=Centeno|nome=Alexandre|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.rsssf.com/miscellaneous/iffhs-century.html|páxina-web=rsssf.com|título=IFFHS' Century Elections|data-acceso=1 de xullo de 2021|lingua=en}}</ref> En 1960 converteuse no primeiro e único xogador da época nado na [[Península Ibérica]] en gañar un [[Balón de Ouro]].
 
Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de [[Monte Alto, A Coruña|Monte Alto]] e na [[praia de Santo Amaro]] e en [[1949]] entrou a formar parte da nova canteira do [[Deportivo da Coruña]], a chamada [[Escola Scopelli]], creada ese mesmo ano co impulso de [[Alejandro Scopelli]]. Mediada a [[Primeira división española 1953/54|tempada 1953/54]] debutou co primeiro equipo na [[Primeira división española de fútbol|Primeira División]] e fíxose rapidamente coa titularidade, nun equipo no que xogaban entre outros [[Oswaldo García Nardi|Oswaldo]], [[Dagoberto Moll|Moll]], [[Pahiño]] e [[Arsenio Iglesias|Arsenio]]. As súas boas actuacións espertaron o interese do [[Fútbol Club Barcelona|FC Barcelona]], que o fichou xa antes do remate da tempada.