Sucesos de maio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Oito de maio: Francisco Largo Caballero
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''sucesos de maio''' foron unha serie '''de enfrontamentos acontecidos principalmente entre o 3 e o 8 de maio de 1937 en diversas localidades de [[Cataluña]], con epicentro en [[Barcelona]], entre os sectores propicios ó mantemento da [[Revolución Española|Revolución]] (boa parte da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]], a [[Federación Anarquista Ibérica]], o [[Partido Obrero de Unificación Marxista|POUM]] e outros grupos menores como a ''[[Agrupación de los Amigos de Durruti]]'' ou a [[trotskismo|trotskista]] ''[[Sección Bolchevique-Leninista de España|Sección Bo]]'''''<nowiki/>''[[Sección Bolchevique-Leninista de España|lchevique-Leninista de España]]'') e os proclives a un regreso á legalidade da [[Segunda República Española|República]] (principalmente as autoridades e os partidos [[PSUC]], extensión do [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]] en Cataluña, [[Esquerra Republicana de Catalunya]] e [[Estat Català]]). Un terceiro sector estaba composto pola parte máis "[[posibilismo libertario|posibilista]]" da CNT, partidaria do cesamento inmediato das hostilidades entre os sectores anteriores.
 
O autor inglés [[George Orwell]] describiu os feitos, nos que se viu involucrado, no libro ''[[Homage to Catalonia]]''. Tamén os suecos [[Ture Nerman]] e [[August Spångberg]] estiveron presentes en Barcelona, e deron conta das súas experiencias nas súas autobiografías.