Xulia Drusa

personalidade romana

Xulia Drusa (latín clásico: IVLIA•DRVSI•CAESARIS•FILIA[1], 5 - 43) foi a filla de Xulio César Druso e Livila, e neta do emperador romano Tiberio. Foi executada cara ao 43 d.C.

Xulia Drusa
Nacemento5
Falecemento43
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítica
PaiDruso
NaiLivia Júlia
CónxuxeNero (filho de Germânico) e Caio Rubélio Blando
FillosRubellius Plautus, Rubellius Drusus e Rubellius Blandus
IrmánsTibério Gemelo e Germanicus Gemellus
editar datos en Wikidata ]

Cronoloxía editar

Cando morreu o emperador Augusto no ano 14 Xulia estaba enferma. Augusto preguntoulle á súa dona Livia, antes de el morrer se estaba recuperada [2].

No 20 d.C, Xulia casou co seu primo, Nerón César (o fillo de Xermánico e Agripina Maior). O matrimonio parece que non foi feliz, e caeu vítima das maquinacións de Seiano, garda palatino, quen explotou a súa relación con Livila para conspirar contra a familia de Xermánico. En palabras de Tácito:

"seu loqueretur seu taceret iuvenis, crimen ex silentio, ex voce. ne nox quidem secura, cum uxor vigilias somnos suspiria matri Liviae atque illa Seiano patefaceret." [3].

Máis tarde, no ano 29, debido ás intrigas de Seiano, e á insistencia de Tiberio, Nerón e Agripina foron acusados de traizón. O Senado declarou inimigo público a Nerón, encadeado e encarcerado na illa de Pontia (Ponza), o ano seguinte foi executado ou obrigado a suicidarse. Dión Casio[4] afirma que Xulia tiña unha relación con Seiano, o que contradí Tácito. Tiberio ordenou apresar e executar a Seiano o 18 de outubro do ano 31.

No ano 33, Xulia casou con Gaius Rubellius Blandus, dunha familia de equites que fora cónsul do ano 18 e máis tarde próconsul en África [5]. Tiveron como descendencia a Rubellius Plautus (33-62) (cf. Raepsaet-Charlier, p. 89) e Rubellia Bassa que casou cun tío materno do futuro emperador Nerva. Xuvenal, en Sátira VIII.39, suxire outro fillo, tamén de nome Gaius Rubellius Blandus. Segundo unha inscrición, Xulia puido ser a nai dun tal Rubellius Drusus [6].

Sobre o ano 43 un axente da muller do emperador Claudio, Valeria Mesalina, acusouna falsamente de incesto e inmoralidade. O emperador, seu tío Claudio, sen oír calquera defensa da súa sobriña, executouna 'pola espada' (Octavia 944-6: "ferro... caesa est"). Ela puido anticiparse á execución quitándose a vida [7]. .

Robert Graves editar

Nas novelas de Robert Graves Eu Claudio e Claudio o Deus Xulia aparece como Helena ou Helena a Comellona. Non obstante, ela non tivo nunca reputación de comellona.

Notas editar

  1. E. Groag, A. Stein, L. Petersen - e.a. (edd.), Prosopographia Imperii Romani saeculi I, II et III (PIR), Berlín, 1933 - I 636
  2. Suetonio, Vita Augusti, 99
  3. Tácito, Anais 4.60
  4. Dión Casio, 58.3.9
  5. Raepsaet-Charlier, Prosopographie des femmes de l'ordre sénatorial, p. 89
  6. Prosopographia Imperii Romani R 83
  7. Barrett, Agrippina, pp. 87; 104

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • E. Klebs, H. Dessau, P. Von Rohden (edd.), Prosopographia Imperii Romani, 3 vol., Berlin, 1897-1898. (PIR1)
  • E. Groag, A. Stein, L. Petersen - e.a. (edd.), Prosopographia Imperii Romani saeculi I, II et III, Berlin, 1933 - . (PIR2)
  • Raepsaet-Charlier M.-Th., Prosopographie des femmes de l'ordre sénatorial (Ier-IIe siècles), 2 vol., Louvain, 1987, 360 ff; 633 ff.
  • Lightman, Marjorie & Lightman, Benjamin. Biographical Dictionary of Greek and Roman Women. Nova York: Facts On File, Inc., 2000.
  • Levick, Barbara, Claudius. Yale University Press, New Haven, 1990.
  • Barrett, Anthony A., Agrippina: Sex, Power and Politics in the Early Roman Empire. Yale University Press, New Haven, 1996.