Fran Torres

xogador de hóckey a patíns arxentino

Francisco Torres Merín, coñecido como Fran Torres e tamén como Tombita, nado en Mendoza o 10 de setembro de 2004, é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga como dianteiro no Deportivo Liceo da OK Liga.

Infotaula de personaFran Torres
Biografía
Nacemento10 de setembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Mendoza, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacido na cidade arxentina de Mendoza, provén dunha familia vencellada ao hóckey a patíns. Seu avó Juan Leonardo Torres, alcumado Tomba, xa xogaba ao hóckey e del herdou o alcume de Tombita.[1] Seu tío Leonardo Tomba foi tamén xogador e militou como profesional en varios clubs europeos, como o Benfica, o Barcelos ou o Vigo Stick.[2] Fran comezou a xogar no seu país, ata que aos 15 anos puxo rumbo a Galicia para fichar polo Liceo.[3] Na súa primeira tempada na Coruña (2019/20) recibiu as súas primeiras convocatorias para o filial do club, da OK Liga Prata, ao que se integrou plenamente na campaña seguinte.[4]

O 11 de setembro de 2021 debutou co primeiro equipo do Liceo, ante o Caldes nas semifinais da Supercopa de España, competición da que o seu equipo se proclamou campión.[5] Catro meses despois disputou o seu primeiro encontro na OK Liga, fronte ao Manlleu.[6]

Selección arxentina editar

Internacional coas categorías inferiores da selección arxentina, en 2022 proclamouse campión do mundo júnior no estadio Aldo Cantoni de San Juan. Os seus dous goles nas semifinais ante España, un deles na prórroga, foron fundamentais para que o equipo acadase a final, que acabou conquistando ante Portugal.[7]

Palmarés editar

Liceo
Selección arxentina sub-20

Notas editar

  1. Zaballa, Pablo (18 de novembro de 2022). "Fran 'Tombita' y Mati Bridge: "El tres de tres es muy importante para el hockey en Argentina"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  2. García Calvo, Lorena (18 de setembro de 2017). "Aprendiendo de la mano de un exprofesional". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  3. Varela, María (27 de outubro de 2019). "Bajo el escudo verdiblanco, un corazón albiceleste". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  4. Varela, María (8 de febreiro de 2021). "Fran Torres, del Liceo B, operado de la mano". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  5. "¡Á final! (5-1)". 17 de setembro de 2021. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  6. "Triunfo ó ritmo do capitán (9-3)". 8 de xaneiro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  7. "El liceísta Fran Torres, campeón sub 19 con Argentina". La Opinión A Coruña (en castelán). 7 de novembro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar