Zach Monaghan

baloncestista estadounidense

Zachary Michael Monaghan, nado o 1 de decembro de 1992 en Palatine, Illinois, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,88 metros pode xogar nas posicións de base e escolta e dende 2022 milita no Marín Peixegalego.

Zach Monaghan
Información persoal
Nacemento 1 de decembro de 1992 (31 anos)
Palatine, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 79 kg (174 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Universidade South Dakota State (2011–2012)
Minnesota State (2012–2015)
NBA Draft 2015 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2015
Historial de equipos

Galicia Básquet Coruña (2015–2017)
Bélxica Limburg United (2017)
Galicia Básquet Coruña (2017–2019)
Bulgaria Beroe (2019–2020)
Galicia Básquet Coruña (2020–2022)
Galicia Marín Peixegalego (2022–)

Traxectoria profesional editar

O 21 de xullo de 2015, anunciouse a súa fichaxe polo Básquet Coruña da LEB Ouro.[1] Tras dúas tempadas na Coruña, fichou polo Limburg United belga, pero regresou ó equipo coruñés o 2 de novembro de 2017.[2] Ó remate da tempada do seu regreso, Monaghan foi elixido pola afección coma mellor xogador do Leyma Coruña da tempada 2017/18.[3] O 12 de xullo de 2018, anunciouse a súa renovación polo Leyma Coruña por unha tempada máis.[4]

Tras unha tempada no BC Beroe búlgaro, Monaghan volveu a Coruña para comezar a súa terceira etapa no Básquet Coruña.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar