José Vicente Pérez Martínez
crítico da arte, escritor e político galego
José Vicente Pérez Martínez, nado en Ribadeo o 9 de agosto de 1863 e finado no mesmo concello a principios de abril de 1905,[1] foi un crítico da arte, escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1863 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Morte | abril de 1905 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarPasou parte da súa xuventude en Madrid. Despois regresou a Lugo. Foi gobernador civil da provincia de Isabela de Luzón (Filipinas) entre 1898 e 1899, onde foi prisioneiro de guerra. Foi deputado provincial por Mondoñedo (1901). É autor de Anales del Teatro y de la Música. Año Primero 1883-1884 (1884), obra fundamental para o coñecemento da vida teatral e musical madrileña de finais do século XIX.
Obras
editar- Anales del Teatro y de la Música. Año Primero 1883-1884, 1884.
- Pérdida de la Provincia de la Isabela de Luzón (Islas Filipinas), 1900.
Notas
editar- ↑ El Noroeste, 9-4-1905, p. 2.
- ↑ Gutiérrez, Eduardo (19/06/2021). "A rúa José Vicente Pérez Martínez". La Comarca del Eo (5283). p. 4.