Thomas Newcomen , nado en Dartmouth (Devon) o 12 de febreiro de 1663 e finado o 5 de agosto de 1729, foi un ferreiro e inventor inglés. É citado con frecuencia como o "pai da revolución industrial" como o seu primeiro innovador e empresario.[1]

Thomas Newcomen
Nacemento24 de febreiro de 1663
Lugar de nacementoDartmouth
Falecemento5 de agosto de 1729
Lugar de falecementoLondres
SoterradoBunhill Fields
NacionalidadeReino Unido
Relixiónbaptismo
Ocupacióninventor, ironmonger e mecânico
Na rede
WikiTree: Newcomen-55
editar datos en Wikidata ]
Máquina de Newcomen.

En 1712, co seu socio Thomas Savery, construíu unha máquina de vapor atmosférica empregada para bombear auga fóra das minas de carbón e estaño existentes na zona nativa de Newcomen, no suroeste de Inglaterra, particularmente en Cornualla. Outras máquinas foron instaladas por Newcomen en Inglaterra, o que levou á construción de máis de cen antes de que a patente expirase en 1733. O deseño foi mellorado máis tarde por James Watt.

Traxectoria editar

Thomas Savery inventara e patentara en 1698 unha bomba de vapor para a drenaxe das minas. Porén, esta bomba presentaba numerosos problemas, xa que traballaba con altas presións, o que con certa frecuencia provocaba accidentes graves. Ante os problemas e dificultades que tiña o sistema, Newcomen, que traballara para Savery, pensou que podía utilizarse a forza do vapor para mover a distancia unha bomba impelente colocada no interior do pozo de drenaxe da mina. A máquina de Newcomen consistía nun balancín, cun dos extremos unido a unha barra ríxida contrapesada que descendía polo pozo de drenaxa ata a bomba mecánica colocada no seu interior. A máquina de Newcomen e as melloras introducidas por Smeaton constituíron o primeiro gran paso da revolución industrial.

Pouco se coñece da vida posterior de Newcomen. A partir de 1715 os asuntos relacionados co motor eran levados por unha compañía, Proprietors of the Invention for Raising Water by Fire. O seu secretario e tesoureiro era John Meres, empregado da Society of Apothecaries de Londres. A sociedade formou unha compañía que tiña o monopolio do abastecemento de menciñas á armada achegando un vínculo próximo con Savery, do que foi testemuña do testamento. O comité da compañía incluía tamén a Edward Wallin, baptista de ascendencia sueca, e o pastor dunha igrexa de Maze Pond, Southwark.

Newcomen faleceu na casa de Wallin en 1729 e foi enterrado en Bunhill Fields, nos arredores da cidade de Londres. O lugar exacto da súa tumba é descoñecido.

Notas editar

  1. "Thomas Newcomen" (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar