Augustus Quirinus Rivinus

Augustus Quirinus Rivinus, tamén coñecido como August Bachmann ( 9 de decembro de 165220 de decembro de 1723) foi un médico, e botánico alemán.[1]

Infotaula de personaAugustus Quirinus Rivinus

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) August-Quirinus Rivinus (Bachmann) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1652 Editar o valor em Wikidata
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 1723 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig
Universidade de Helmstedt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica e medicina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , médico , astrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leipzig Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (1703–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRiv. Editar o valor em Wikidata

Naceu en Leipzig, Alemaña, e estudou na Universidade de Leipzig (1669–1671), continuou os seus estudos na Universidade de Helmstedt. En 1677, comezou a ensinar medicamento en Lepzig e en 1691 postulouse para dúas cátedras, a de Fisiología e a de Botánica. En 1701 chegou a ser profesor de patoloxía e en 1719 profesor de terapéutica e decano permanente da Facultade de Medicina. Era tamén un estusiasta da astronomía e, cara ao final da súa vida, estaba case completamente cego por observar as manchas solares. Faleceu en Leipzig.

Na súa obra «Introductio generalis in rem herbariam» e tres libros adicionais relativos á clasificación das plantas introduciu varias innovacións importantes que foron a base para o traballo doutros botánicos, como Joseph Pitton de Tournefort e Carlos Linneo, entre outros.

Clasificou as plantas de acordo á estrutura da flor. Do mesmo xeito que John Ray usou claves dicotómicas que conducían primeiro aos grupos taxonómicos superiores, que o denominou genus summum das ordes de plantasordo, e logo aos grupos de categoría inferior. Xunto con Joseph Pitton de Tournefort foi o primeiro en aplicar a regra que os nomes de todas as especies do mesmo xénero deben comezar coa mesma palabra ou nome xenérico. Si un xénero presentaba máis dunha especie, entón o mombre das mesmas debían estar seguidos por unha pequena frase diagnóstica ou differentia specifica.

Obras editar

 
"Horminum tingitanum" (Salvia tingitana) extraída de Ordo Plantarum, 1690.
  • Introductio generalis in rem herbariam. Lipsiae Leipzig: Typis Christoph. Güntheri, 1690. [8] + 39 p.
  • Ordo Plantarum qvae sunt Flore Irregulari Monopetalo. Lipsiae: Typis Christoph. Fleischeri, 1690. 22 + [4] p. + 124 tab.
  • Ordo Plantarum qvae sunt Flore Irregulari Tetrapetalo. Lipsiae: Typis Christoph. Fleischeri, 1691. [6] + 20 + [4] p. + 121 tab.
  • Ordo Plantarum qvae sunt Flore Irregulari Pentapetalo. Lipsiae: Typis Joh. Heinrici Richteri, 1699. [6] + 28 + [4] p. + 139 tab.
  • D.A.Q.R. ad celeberrimum virum dominum Johan. Rajum... Epistola Lipsiae: Prostat apud Davidem Fleisherum, 1694. 24 p.
  • Censura medicamentorum officinalium. Lipsiae, J. Fritsch, 1701

Honras editar

Epónimos asociados editar

  • Ligamento de Rivino: unha porción da membrana timpánica
  • (Apiaceae) Athamanta riviniana Host ex Steud[2].
  • (Apiaceae) Libanotis riviniana Scop[3].
  • (Cunoniaceae) Weinmannia riviniana Engl[4].
  • (Cunoniaceae) Windmannia riviniana Kuntze[5]
  • (Sapotaceae) Lucuma riviniana Steud[6].
  • (Violaceae) Viola riviniana Rchb.: unha especie de violeta[7]

Notas editar

  1. Jahn, Ilse; Löther, Rolf; Senglaub, Konrad (1990). Historia de la biología (en castelán). Barcelona: Labor. pp. 157, 239. ISBN 84-335-5744-0. 
  2. Nomencl. Bot. [Steudel], ed. 2. 1: 166. 1840 (IK)
  3. Fl. Carniol., ed. 2. 1: 193. 1771 (IK)
  4. Linnaea 36: 635, sphalm. 1870 (IK)
  5. Revis. Gen. Pl. 1: 228. 1891 (IK)
  6. Nomencl. Bot. [Steudel], ed. 2. i. 13, sphalm. (IK)
  7. Iconographia Botanica seu Plantae Criticae 1 1823 (APNI)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Koelbing, Huldrych M. (1970). «Bachmann, Augustus Quirinus». 1. Nova York: Charles Scribner's Sons.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar